CIENCIA NA ESCOLA: VULCANÓLOGOS EN CAPELA PRIMARIA

@s nos@s compañeir@s da Escola de Capela, ao igual que na Escola de Rosalía fixeron unha investigación sobre os volcáns. Ao longo do primeiro trimestre os medios de comunicación informábannos a diario da erupción do volcán Cumbre Vella na Illa da Palma. Esta información despertou tanto a curiosidade d@s nos@s nen@s por este fenómeno como a súa preocupación pola ola de destrución que creou na illa. 

Dende a escola de Capela levaron a cabo unha investigación científica para coñecer e comprender mellor este fenómeno:

    

Expresaron as súas dúbidas e inquedanzas, consultaron diversos manuais científicos, aprenderon por que se produce unha erupción, cales son as partes dos volcáns, coñeceron as principais illas volcánicas e aprenderon que é a colada da que tanto falaban na tele, entre outras cousas.

      

Para rematar a investigación puideron observar, manipular e ulir distintas pedras de orixe volcánica e  cinza de volcán.

Este proxecto culminou nunha iniciativa solidaria que están levando a cabo dende a escola para recadar fondos para todas as familias dannificadas pola erupción do volcán da Palma que perderon a súas casas e a súa forma de vida.

Moita sorte compañeir@s!