BENVIDOS E BENVIDAS Á WEB DO CRA DE RIANXO
BENVIDAS/OS Á WEB DO CRA DE RIANXO
Teléfonos: 629650523 - 981863305
- APIs de Blogue
Listaxe provisional do alumnado admitido no noso centro para o vindeiro curso 2024-2025
Está admitido no noso centro de xeito provisional TODO o alumnado que presentou solicitude de admisión para o vindeiro curso 2024-2025.
- APIs de Blogue
PROCESO DE ADMISIÓN 2024-2025
O día 01 de marzo de 2024 dará comezo o proceso de admisión de alumnado para o curso 2024-2025, establecéndose os seguintes prazos:
-
Do 1 ao 20 de marzo de 2024: prazo de presentación de solicitudes de admisión (alumnado novo que pretenda vir ao CRA de Rianxo).
-
Antes do 25 de abril de 2024: publicación de listaxes provisionais (admitidos e non admitidos).
-
Antes do 15 de maio de 2024: publicación das listaxes definitivas (admitidos e non admitidos).
-
Do 20 ao 30 de xuño de 2024: formalización de matrícula.
O alumnado que desexe matricularse no CRA de Rianxo presentará os seguintes documentos:
-
Impreso de solicitude de admisión para novo alumnado ED650B (dispoñible na aplicación admisionalumnado).
-
Fotocopia do libro de familia ou documento equivalente onde figure o alumno/a e demais membros computables da familia (todas as páxinas escritas)
- Fotocopia dos DNIs dos proxenitores ou titores legais.
-
Convenio regulador ou resolución xudicial de separación ou divorcio, no seu caso.
- Informes médicos ou psicopedagóxicos que a familia considere de interés, no seu caso.
* Sempre que haxa patria potestade compartida, as solicitudes deberán vir asinadas polos dous proxenitores cando se atopen en situación de divocio, separación legal ou parella de feito non inscrita no Rexistro de parellas de feito de Galicia.
HORARIO DE ATENCIÓN: do 1 ao 20 de marzo de 2024, na SEDE do CRA de Rianxo (en Asados):
Luns de 12:30 a 14:00 h.
Martes de 12:30 a 14:00 h e de 16:00 a 18:00 h.
Xoves: de 09:00 a 14:00 h.
Para calquera dúbida poden chamar aos seguintes teléfonos: 629650523 ou 981863305, ou no enderezo: cra.rianxo@edu.xunta.gal
Os impresos de solicitude de admisión estarán dispoñibles na aplicación admisionalumnado a partires do 1 de marzo de 2024, premendo aquí
Tedes os impresos de solicitude de admisión para descargar e imprimir en galego e en castelán premendo abaixo en adxuntos, o impreso deberá ser presentado coa firma dos dous proxenitores:
- APIs de Blogue
Letras Galegas 2024
O tempo non nos permitiu celebrar o día das Letras Galegas como nos gustaría. Aínda así desplazámonos ata o auditorio de Rianxo para ver o concerto de Paco Nogueiras "Canto contigo", os nenos e nenas da escola de Capela primaria leron o manifesto das letras e os profes Pablo e Ruben cantaron "A fala do Manuel" do grupo Carapaus e "Ahí ven o Maio" adaptación de Nacho Hermida.
A LINGUA NON PARA! (Paco Nogueiras).
- blogue de admin
- APIs de Blogue
Obradoiro de electricidade na escola de Rañó
Temos que agradecer ó pai de Clara que nos viñera a explicar un montón de cousas sobre a conducción da electricidade, foi unha xornada moi divertida e na que aprendemos un montón de cousas.
Moitas grazas! esperemos que volvas noutras ocasións
- blogue de admin
- APIs de Blogue
Galicia versus Aragón
Grazas á profe Marta estamos aprendendo moitas cousas da súa Comunidade Autónoma "Aragón" buscando semellanzas e diferenzas con Galicia. Hoxe trouxonos un cachirulo (pano) para cada un e fixemos unhas castañuelas con material de refugallo.
Moitas grazas profe!
- blogue de admin
- APIs de Blogue
Mercado Solidario Letras Galegas 2024
Na xornada das Letras Galegas de 2024 celebraremos outro ano máis, un mercado solidario. Moitas familias preguntastes noutras ocasións se podiades donar contos ou xoguetes usados en bo estado. Así que este ano se algunha familia quere participar, podedes deixar o donado nas propias escolas ata o venres 10 de maio. Moitas gracias pola vosa colaboración!!!
- blogue de admin
- APIs de Blogue
II Congreso Nacional Escuela Rural
Parte do claustro do noso centro trasladouse a Ribadavia para asistir ao II Congreso Nacional Escuela Rural.
Seguimos formándonos para ofrecer a mellor ensinanza ó noso alumnado.
- blogue de admin
- APIs de Blogue