Formación en primeiros auxilios e atención a urxencias sanitarias.

Hoxe acercouse á escola de Pazo unha médica do 061 para ensinarnos técnicas de primeiros auxilios e como actuar ante unha posible urxencia sanitaria.

Comeza o Club de Ciencia 23-24

O vindeiro mércores 25 de outubro de 2023 comezará o club de ciencia no local social de Asados (ao lado da sede do CRA).

Organizarémonos só en dous grupos que virán a todas as sesións que haxa do club de ciencia.

- Grupo 1: infantil das escolas de Abuín, Capela, Cuvide, Outeiro, Pazo e Quintáns. Horario de 16:00 a 17:00

- Grupo 2: infantil das escolas de Cruceiro e Rañó; e primaria das escolas de Capela, Rañó, Quintáns e Abuín. Horario de 17:15 a 18:15.

Datas das sesións 1º trimestre: 25/10, 08/11, 24/11, 13/12.

A volta do Nadal teremos club de ciencia o 10 de xaneiro.

Xornada formativa sobre PANEIS DIXITAIS INTERÁCTIVOS

Hoxe a nosa asesora Abalar acercouse á escola de Abuín para ensinarnos un montón de posibilidades que nos ofrecen os paneis dixitais e de paso axudarnos a resolver algunha que outra dúbida.

Moitas grazas Marga.

ALÉN : espectáculo infantil para todos os públicos organizado pola ANPA "Irmáns Insua"

 

 Venres 13 de Outubro ás 17:00h no auditorio de Rianxo.

 

ESCOLA DE FAMILIAS: Charla -Coloquio sobre NUTRICIÓN E BOS HÁBITOS NA INFANCIA

Ao longo deste curso imos levar a cabo un programa de nutrición que iniciamos con esta charla- coloquio. No mes de novembro a nutricionista pasará polar distintas escolas para traballar co alumnado.

Non faltedes!!! Podedes preguntar tódalas dúbidas que teñades.

Abrimos a Biblioteca de Daniel para o curso 23-24

 

 

O vindeiro Mércores 4 de Outubro volve a abrir a nosa biblioteca.

Este curso ademáis de poder vir a ler e coller libros para levar para as vosas casas imos a ter sesións de CONTACONTOS QUINCENALMENTE.

Próximamente informaremos sobre o Club de Ciencia

 

 

 

BECAS MUNICIPAIS

Adxuntamos información para a solicitude das becas municipais. 

 

Ante calquera dúbida poñerse en contacto cos Servizos Sociais ComunitarioS (crta. de Tanxil, 12)

Teléfono: 981860061 / 881862834 

Correo: servizossociais@concelloderianxo.gal

Distribuir contido