AGRESIÓN Á PLANTACIÓN DO PLEITO

O CRA DE RIANXO E O COLECTIVO "FOUSAS AO MONTE " VEÑEN DE DENUNCIAR A CORTA SUFRIDA POLA MEIRANDE PARTE DAS ÁRBORES PLANTADAS POLA NOSA COMUNIDADE ESCOLAR O PASADO MES DE FEBREIRO NO MONTE DO PLEITO, TARAGOÑA.

A NOSA REPULSA A ESTA AGRESIÓN CONTRA O PATRIMONIO NATURAL É ROTUNDA, COMO TAMÉN O É A NOSA DETERMINACIÓN  DE CONTINUAR DEFENDENDO PARA AS NOSAS CRIANZAS UN FUTURO EN HARMONÍA COA NATUREZA
.

ver a nova en

LA VOZ DE GALICIA

BIBLIOTECA BREA SEGADE

ADMISIÓN DE ALUMNADO PARA O CURSO 2019-2010

EN CUMPRIMENTO DA DISPOSICIÓN ADICIONAL PRIMEIRA DA ORDE DO 12 DE MARZO DE 2013 QUE REGULA  O PROCESO DE ADMISIÓN DE NOVA MATRÍCULA  NOS CENTROS DOCENTES SOSTIDOS CON FONDOS PÚBLICOS, O CRA DE RIANXO TEN PUBLICADO NOS SEUS ESPAZOS FÍSICOS DE EXPOSICIÓN, ASÍ COMO NESTA SÚA PÁXINA WEB, A LISTAXE PROVISIONAL DE ALUMNADO ADMITIDO PARA O CURSO 2019-2010.

PARA VER A LISTAXE PREMEDE AQUÍ.

E TI, SÓ TI

UN 8 M PARA TODOS OS DÍAS

VER A NOVA NO DEPARTAMENTO DE MÚSICA

PLAN DE FROITA NAS ESCOLAS

O CRA DE RIANXO ESTÁ A PARTICIPAR  UN ANO MÁIS NA CAMPAÑA DE DISTRIBUCIÓN DE FROITA NOS CENTROS ESCOLARES.

 O PROGRAMA, COORDINADO POLO FONDO GALEGO DE GARANTÍA AGRARIA, PREVÉ A DISTRIBUCIÓN DE FROITA FRESCA A TODO O ALUMNADO EN VARIOS PERÍODOS SEMANAIS,

8M NA BIBLIOTECA DE DANIEL

NO CRA DE RIANXO CONTIÚAN AS ACTIVIDADES DESEÑADAS EN TORNO AO 8M.
UN ANO MÁIS, AS AMIGAS E AMIGOS DE DANIEL CELEBRARON O SEU PARTICULAR  DÍA INTERNACIONAL DA MULLER NA SÚA BIBLIOTECA CENTRAL EN ASADOS CON OBRADOIROS DE MÚSICA, CONTOS E MEMORIA.

VISITA AO MUSEO DE HISTORIA NATURAL

OS DÍAS 12 E 13 DE MARZO AS ESCOLAS DO CRA DE RIANXO DESPRAZARONSE Á CIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA CO OBXECTO DE REALIZAR DISTINTAS ACTIVIDADES DIDÁCTICAS NO MUSEO DE HISTORIA NATURAL DA U.S.C.

CUESTIONARIO DE CONVIVENCIA DO CRA DE RIANXO

Deixámosvos o enlace ao cuestionario de convivencia para familias, profesorado, PAS e alumnado. Podedes cubrilo co código que se vos vai facilitar dende a dirección do centro e aportar a vosa opinión sobre a convivencia no noso centro.

Picade na imaxe para entrar.

 

TORIBIÑO MANDA

 VOLVEU O ENTROIDO E CON ÉL O TORIBIÑO E AS SÚAS ENTROIDADAS. PARA PODER ENTRAR NAS ESCOLAS...
O LUNS HAI QUE LEVAR BIGOTE

O MARTES BIGOTE E ALGO NO PESCOZO

O MÉRCORES BIGOTE, ALGO NO PESCOZO E UNHA LAZADA NO CU

O XOVES BIGOTE, ALGO NO PESCOZO, UNHA LAZADA NO CU E ALGO NA CABEZA

O VENRES, O TORIBIÑO XA MANDOU E A FESTA IMOS A QUINTÁNS, PRA VESTIRNOS DE CHOQUEIR@S E COMER FILLOAS ATA FARTAR.

DÍA DE ROSALÍA

Ao redor do 24 de febreiro, fixado no Calendario do Libro e da Lectura como aniversario do nacemento de Rosalía de Castro, desenvólvense un grande número de actividades que gozan  dunha importante aceptación e impulso por parte da sociedade, e moi especialmente polo sector educativo.

A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) propón  á cidadanía que agasalle un libro en galego e unha flor,  e baixo o lema  Do XIX ao XXI: Libre o meu Pensamento!, convida asemade aos centros de ensino a realizar actividades que permitan ao alumnado observar e reflexionar sobre a vixencia do amplo abano de inxustizas sociais, incluída a situación da lingua galega, presentes na obra de Rosalía.

Distribuir contido