Día especial na Escola de Rañó

O venres a nosa compañeira Carla trouxo a súa pandeireta para interpretar a canción "A Raíz do Toxo Verde" do grupo "A Roda". Despois dounos unha pequena clase de iniciación para coñecer un pouco máis sobre este instrumento.

                                                            Moitas grazas Carla! Pasámolo xenialRisa

 

PROCESO DE RESERVA DE PRAZAS PARA O CURSO 2024-2025

Iníciase o proceso de solicitude de reserva de praza para o alumnado de 6º de Educación Infantil e 2º de Educación Primaria que pretenda continuar os estudos de primaria nos centros de adscrición correspondentes, nestes casos:

- Quintáns, Rañó, Pazo e Abuín: o CEIP ADR Castelao (Rianxo)

- Cuvide, Cruceiro, Outeiro e Capela: o CEP Xosé María Brea Segade (Taragoña).

*As familias que teñan previsto matricular @s nen@s nun centro  distinto aos adscritos non teñen que facer a reserva, deberá solicitar praza en dito centro cando se inicie o proceso de admisión en marzo.

 Prazo para presentar as solicitudes: 15 de xaneiro a 05 de febreiro de 2024.

 Deberán presentar o Anexo 2 debidamente cuberto na sede do CRA de Rianxo en Asados (Anexo_2_castelán)

 Tamén se permitirá presentar a solicitude en calquera dos lugares que establece a Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común, incluída a sede electrónica, para o que precisará de Chave 365 ou certificado dixital.

 Dentro da aplicación "admisionalumnado" hai instrucións para as familias que fagan a solicitude en rede. ENLACE ÁS INSTRUCIÓNS

 

 Poderase entregar a documentación na sede do CRA de Rianxo no seguinte horario (mellor chamar antes ao 629650523 para asegurarse de que estea aberta a sede administrativa).

Luns: de 12:30 a 14:00 h

Martes: de 12:30 a 14:00 h e de 16:00 a 18:00 h

Mércores: de 11:00 a 12:45 h

Xoves: de 9:00 a 14:00 h

 

Adxuntamos os formularios para poder descargar e imprimir da solicitude de reserva.

 

 

 

 

 

 

Listaxe provisional do alumnado admitido no noso centro para o vindeiro curso 2024-2025

Está admitido no noso centro de xeito provisional TODO o alumnado que presentou solicitude de admisión para o vindeiro curso 2024-2025.

Feliz Ano 2024!

Propostas para o Nadal

Está rematando o trimestre e chegan as vacacións. No Nadal teremos tempo para xogar, descansar, estar coa familia e amigos e facer moitas cousas máis. Non te esquezas de adicar un tempo á lectura. Un libro sempre é un bo amigo!

Deixamos aquí as Recomendacións Lectoras coas novidades e propostas interesantes para que vos animedes a ler nestas vacacións. (Clica na imaxe)

BO NADAL e FELICES LECTURAS!!!!

 

 

 

3 de Decembro de 2023: Día Internacional das Persoas con Discapacidade

O venres o noso centro estivo participando a través das escolas de Abuín, Rañó, Quintáns e Pazo no FESTIRITITIti promovendo a INCLUSIÓN  a través do xogo e da diversión.

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/barbanza/2023/12/01/medusas-gigantes-cocodrilo-dos-cabezas-globos-celebrar-inclusion-festiritititi-amicos/00031701443289848547949.htm

25 de Novembro: Día Internacional contra a Violencia de Xénero

NON MÁIS VIOLENCIA DE XÉNERO

                

Distribuir contido