2023-2024

Actividades desenvolta ao longo do curso 23-24

Listaxe provisional do alumnado admitido no noso centro para o vindeiro curso 2024-2025

Está admitido no noso centro de xeito provisional TODO o alumnado que presentou solicitude de admisión para o vindeiro curso 2024-2025.

Obradoiro de electricidade na escola de Rañó

Temos que agradecer ó pai de Clara que nos viñera a explicar un montón de cousas sobre a conducción da electricidade, foi unha xornada moi divertida e na que aprendemos un montón de cousas. 

Moitas grazas! esperemos que volvas noutras ocasiónsRisa

   

Galicia versus Aragón

Grazas á profe Marta estamos aprendendo moitas cousas da súa Comunidade Autónoma "Aragón" buscando semellanzas e diferenzas con Galicia. Hoxe trouxonos un cachirulo (pano) para cada un e fixemos unhas castañuelas con material de refugallo.

Moitas grazas profe!

Mercado Solidario Letras Galegas 2024

Na xornada das Letras Galegas de 2024 celebraremos outro ano máis, un mercado solidario. Moitas familias preguntastes noutras ocasións se podiades donar contos ou xoguetes usados en bo estado. Así que este ano se algunha familia quere participar, podedes deixar o donado nas propias escolas ata o venres 10 de maio. Moitas gracias pola vosa colaboración!!!

II Congreso Nacional Escuela Rural

Parte do claustro do noso centro trasladouse a Ribadavia para asistir ao II Congreso Nacional Escuela Rural.

Seguimos formándonos para ofrecer a mellor ensinanza ó noso alumnado.

CIENCIA NA ESCOLA 23-24: "PROXECTO VERMES DE SEDA CON I.A. NA ESCOLA DE CAPELA"

Ola a todos e a todas,

os nosos compañeiros e compañeiras de Capela están a desenvolver xunto cos seus compañeiros e compañeiras de infantil un proxecto sobre os vermes de seda e decidiron, axudándose da Intelixencia Artificial crear unha presentación sobre o ciclo de vida destes animais. Utilizaron unha aplicación chamada Gamma, que lles permitiu crear unha presentación dinámica e educativa. Nesta actividade, os nenos e nenas plasmaron o que aprenderon sobre o ciclo de vida dos vermes e como utilizar a I.A. de maneira creativa e responsable no proceso educativo. Baixo a guía das profes Celia e María, exploraron as funcionalidades de Gamma e decidiron que contido incluír na presentación.

 

Traballaron en equipo para seleccionar as mellores imaxes e con axuda das profes redactaron o texto de cada diapositiva, asegurándose de transmitir de maneira clara e concisa a información sobre o ciclo de vida dos vermes de seda.

Unha vez completada a presentación quixeron compartila con todos nós. Clicando na imaxe de abaixo podes entrar na presentación, unha vez dentro clicar en "presentación" e pulsando nas frechas do teu teclado poderás avanzar para ver todas as diapositivas que fixeron. 

 

Foi unha experiencia enriquecedora que demostrou como a combinación da tecnoloxía e o aprendizaxe colaborativo pode xerar resultados sorprendentes! @s nos@s compañeiros seguen a investigar o proceso de vida dos vermes (ou.... deberíamos dicir eirugas ou larvas? Ahí o deixamos) que teñen na escola, que acaban de eclosionar e están engordando rápidamente comendo das saborosas follas de moreira que lles gustan tanto. Aquí vos deixamos unhas fotos de como van os "vermes" de Capela:

       

Ata á proxima!

CIENCIA NA ESCOLA 23-24: "RECREANDO O HÁBITAT DOS DINOSAURIOS NA ESCOLA DE PAZO"

@s nos@s compañeir@s da escola de Pazo dentro do proxecto "A Orixe" están investigando sobre os dinosaurios. Aprenderon un montón de cousas e na mesa de experimentación recrearon o hábitat destes animais que dominaron a Terra durante moitísimo tempo.

 

 

A verdade e que vos quedou francamente ben. Noraboa compañeir@s! 

Distribuir contido