2023-2024

Actividades desenvolta ao longo do curso 23-24

Xornada de convivencia en Campo Maneiro

Estos días os nenos e nenas das distintas escolas estamos indo a Campo Maneiro a facer unha xornada de convivencia con algún alumnado do CEP Brea Segade e coa USC. Participamos no Proxecto "Máis ca Leña".

Aprendemos un montón de cousas acerca dos bosques (fogar de moitos animais, proporcionannos osíxeno, madeira, coñecemos distinto tipo de árbores, árbores invasoras,  metódos de extracción da resina (tradicional ou moderno),diferencia entre plantar e sementar...). Para rematar a xornada fomos visitar as cabuxas e ós burros Michel e Salvador.

Están sendo unhas xornadas moi divertidasSorriso e fructíferas.

 

7ª SESIÓN DO CLUB DE CIENCIA 23-24: "COMO SON AS NOSAS PEGADAS"

Esta semana no club traballamos moitas cousas. Aprendimos que as nosas marcas dactilares son únicas, e averiguamos por que. Miramos e comparamos unhas con outras, para saber en que cambian e como se forman. Descubrimos cousas moi interesantes de mulleres científicas e escribimos con pluma!

Foi xenial, pasámolo moi ben! Ata a próxima.

6ª SESIÓN DO CLUB DE CIENCIA 23-24: "E TI...DE QUEN VES SENDO?"

Esta semana no club aprendimos moitas cousas a cerca de onde veñen os animais que podemos ver hoxe no noso día a dia. Investigamos e coñecemos quenes son os avos dos nosos mexillóns, polvos, nécoras, ourizos…

Pasámolo moi ben e descubrimos un montón de cousas sobre a orixe dos animais. Ata a próxima!

CIENCIA NA ESCOLA 23-24: SEMANA DA CIENCIA

 

Ao longo da derradeira semana de xaneiro os nosos amigos Yoli e David de Arenaria visitaron as nosas escolas para levar a cabo a semana da ciencia. Con eles fixemos un percorrido pola historia da vida no noso planeta.

Pasámolo xenial e aprendemos un montón de cousas sobre a orixe da vida, onde xurdiu, cales foron os primeiros animais, por que se extinguiron os dinosaurios, de onde vimos os seres humanos... implementando nas nosas aulas experiencias para enriquecer o proxecto documental integrado que traballamos este ano "A Orixe".

Xornada de convivencia: sesión de biblioteca do 3º trimestre

 
Hoxe foi unha xornada moi especial, reunimos na Biblioteca de Daniel para levar a cabo a sesión de biblioteca do terceiro trimestre :
  • Escoitamos o conto de Wangari e fixemos unha manualidade para poñer nas nosas plantas e lembrarnos da importancia de plantar árbores autóctonas.
  • Tocamos instrumentos, fixemos unha danza e escoitamos música africana.
  • Elaboramos colares masais e fixemos un tambor con material de refugallo.

Aquí vos deixamos un pequeno video para que vexades o ben que o pasamosRisa

Imos ó Teatro!!!

                                       
Distribuir contido