CIENCIA NA ESCOLA 23-24: SEMANA DA CIENCIA

 

Ao longo da derradeira semana de xaneiro os nosos amigos Yoli e David de Arenaria visitaron as nosas escolas para levar a cabo a semana da ciencia. Con eles fixemos un percorrido pola historia da vida no noso planeta.

Pasámolo xenial e aprendemos un montón de cousas sobre a orixe da vida, onde xurdiu, cales foron os primeiros animais, por que se extinguiron os dinosaurios, de onde vimos os seres humanos... implementando nas nosas aulas experiencias para enriquecer o proxecto documental integrado que traballamos este ano "A Orixe".