Club "Amigas e amigos de Daniel"

POLA BEIRA DO RÍO

MARTIÑO, LUCAS, ANDER, MARTINA, CANDELA, LUCÍA, MARTÍN, MANUEL E THIAGO ILUSTRAN , RECITAN E CANTAN
"POLA BEIRA DO RÍO"

Poemiñas: Tradición oral - Luís Prego.

Música tradicional arranxada por Álvaro Iglesias e Luís Prego.

Proxecto: "Fíos de palabras. Contos impresos e de tradición oral"

SESIÓN DE BIBLIOTECA 2021

      Neste ano especial, non puidemos ter as xuntazas desexadas como en anos anteriores. Pero dende a Biblioteca de Daniel quixemos igualmente agasallar aos nosos cativos e cativas cunha xornada diferente. Por iso, como despedida do segundo trimestre, decidimos invitar a tódalas escolas a que asistiran a unha sesión de biblioteca. Como estivemos traballando o camiño de Santiago co proxecto de Voz Natura, dende a biblio decidimos facer a nosa pequena aportación e basear a sesión na Ruta do Mar de Arousa e Río Ulla. 

Primeiro descubrimos cousas sobre o Camiño de Santiago a partires do conto "Bo camiño, Valentiño", que nos representou a profe Carla. En relación a isto fixemos uns crebacabezas relacionados coas personaxes do Xacobeo. A continuación descubrimos que na biblioteca hai unha impresora 3D e estivemos vendo como é o seu funcionamento. A profe Carla fíxonos entrega duns chaveiros coas nosas iniciais elaborados na propia impresora, os cales decoramos e levamos de recordo. Por último, tivemos un ratiño de lecer desfrutando dun tempo de lectura.

Foi unha xornada xenial!!!!

 

CONTOS DA BIBLIOTECA DE DANIEL: Avós

17 de maio, Día das Letras Galegas

 

CONTOS DA BIBLIOTECA DE DANIEL: ¿Qué le pasa a Uma?

2 de maio, Día Internacional Contra o Acoso Escolar

 

DO BERCE Á LÚA

MARTIÑO, LUCAS, ANDER, MARTINA, CANDELA, LUCÍA, MARTÍN, MANUEL E THIAGO
RECITAN  "CROCODILO" E  "CINCO" , DE ANTONIO RUBIO E ÓSCAR VILLÁN.

Editorial: Kalandraka (Colección Do Berce á Lúa )

Música: Aida Saco

Proxecto: "Fíos de palabras. Contos impresos e de tradición oral"

CONTOS DA BIBLIOTECA DE DANIEL: Maruxa

8 de marzo, Día da Muller Traballadora

CONTOS DA BIBLIOTECA DE DANIEL:As mulleres e os homes

8 de marzo, Día da Muller Traballadora

 

Distribuir contido