Obradoiro de electricidade na escola de Rañó

Temos que agradecer ó pai de Clara que nos viñera a explicar un montón de cousas sobre a conducción da electricidade, foi unha xornada moi divertida e na que aprendemos un montón de cousas. 

Moitas grazas! esperemos que volvas noutras ocasiónsRisa

   

Galicia versus Aragón

Grazas á profe Marta estamos aprendendo moitas cousas da súa Comunidade Autónoma "Aragón" buscando semellanzas e diferenzas con Galicia. Hoxe trouxonos un cachirulo (pano) para cada un e fixemos unhas castañuelas con material de refugallo.

Moitas grazas profe!

Mercado Solidario Letras Galegas 2024

Na xornada das Letras Galegas de 2024 celebraremos outro ano máis, un mercado solidario. Moitas familias preguntastes noutras ocasións se podiades donar contos ou xoguetes usados en bo estado. Así que este ano se algunha familia quere participar, podedes deixar o donado nas propias escolas ata o venres 10 de maio. Moitas gracias pola vosa colaboración!!!

II Congreso Nacional Escuela Rural

Parte do claustro do noso centro trasladouse a Ribadavia para asistir ao II Congreso Nacional Escuela Rural.

Seguimos formándonos para ofrecer a mellor ensinanza ó noso alumnado.

COMEDOR ESCOLAR

O noso futuro comedor escolar vai collendo forma Risa

Moitas grazas pola colaboración do Concello de Rianxo e da ANPA Irmáns Insúa pola súa implicación para que este proxecto saia adiante.

Semana do LIbro: Picnic de Libros

Esta semana estamos conmemorando a Semana do Libro facendo un montón de actividades. Grazas ás familias por colaborar sempre.

Distribuir contido