2021-2022

Actividades desenvoltas ao longo do curso escolar 2021/2022.

O CABALIÑO DE MAR

"O CABALIÑO DE MAR É UNHA AVE? É UN INSECTO? É UN MAMÍFERO?
NOOOON ! O CABALO DE MAR É UN PEIXE !!

PODE MOVER OS OLLOS PARA CADA LADO (DE FORMA INDEPENDENTE). TEN COROA, ANEIS E ALETAS.
O CABALIÑO QUERE AGARRARSE COA COLA.

  COME PLANCTON. CHUPA A COMIDA, NON TEN DENTES. NON TEN ESTÓMAGO, CANDO COME SACA A CACA, E OUTRA VEZ:  COME E FAI CACA...

A FEMIA PON OS OVOS NA BARRIGA DO MACHO E DESPOIS DO PAPÁ NACEN CENTOS DE CRÍAS"

GRAZAS AO PAPI DE MANUEL POR AMOSARNOS  O CABALIÑO E POR DEVOLVELO AO MAR, PARA QUE VIVA!!

OceanoCRAfico: estudio e conservación do medio mariño

Autor: Xosé Iglesias (mariñeiro e artista). 

Grazas polo apoio recibido!

Onte por conversa telefónica o inspector notificounos que está prevista a derogación da Orde do 6 de Agosto pola que se modificaba o número de unidades e catálogo de profesorado do noso centro. Pideunos que informáramos a toda a Comunidade Educativa de que está a piques de saír publicada unha nova orde no DOGA segundo a cal, o noso centro permanece coas mesmas unidades e profesorado co que contaba ata o momento.

Dende a ANPA, o CENTRO e o CONCELLO queremos  agradecervos a todos/as o voso apoio e implicación nesta loita.

Quedan paralizadas todas as iniciativas previstas esperando que se confirme esta boa nova.

Moitas grazas!

Un saúdo.

Chegou o Samaín!

 

 

O vindeiro venres 29 de outubro, as escolas do CRA conmemorarán a festa do Samaín para coñecer un pouco máis desta tradición ancestral da nosa terra.

Distribuir contido