Grazas polo apoio recibido!

Onte por conversa telefónica o inspector notificounos que está prevista a derogación da Orde do 6 de Agosto pola que se modificaba o número de unidades e catálogo de profesorado do noso centro. Pideunos que informáramos a toda a Comunidade Educativa de que está a piques de saír publicada unha nova orde no DOGA segundo a cal, o noso centro permanece coas mesmas unidades e profesorado co que contaba ata o momento.

Dende a ANPA, o CENTRO e o CONCELLO queremos  agradecervos a todos/as o voso apoio e implicación nesta loita.

Quedan paralizadas todas as iniciativas previstas esperando que se confirme esta boa nova.

Moitas grazas!

Un saúdo.