2021-2022

Actividades desenvoltas ao longo do curso escolar 2021/2022.

CIENCIA NA ESCOLA: OVO DE TIBURÓN EN CAPELA INFANTIL

Os nenos e nenas da escola de Capela estiveron observando un ovo de tiburón que trouxo a nosa compañeira Camila.

PROCESO DE ADMISIÓN CURSO 2022-2023

O día 01 de marzo de 2022 dará comezo o proceso de admisión de alumnado para o curso 2022-2023, establecéndose os seguintes prazos:

  • Do 1 ao 21 de marzo de 2022: prazo de presentación de solicitudes de admisión (alumnado novo que pretenda vir ao CRA de Rianxo).

  • Antes do 25 de abril de 2022: publicación de listaxes provisionais (admitidos e non admitidos).

  • Antes do 15 de maio de 2022: publicación das listaxes definitivas (admitidos e non admitidos).

  • Do 20 ao 30 de xuño de 2022: formalización de matrícula.

 

CRA DE RIANXO, MÁIS QUE UNHA ESCOLA.

VENTE CON NÓS.

  

O alumnado que desexe matricularse no CRA de Rianxo presentará os seguintes documentos:

  • Impreso de solicitude de admisión para novo alumnado ED650B (dispoñible na aplicación admisionalumnado).

  • 3 fotos de carnet.

  • Fotocopia do libro de familia ou DNI do alumno/a (se o ten).

  • Certificado médico de vacinación e de non padecer ningunha enfermidade infectocontaxiosa.

  • Fotocopia da tarxeta sanitaria do alumno/a.

  • Convenio regulador ou resolución xudicial de separación ou divorcio, no seu caso.

  • Informes médicos ou psicopedágoxicos que a familia considere de interés.

 

HORARIO DE ATENCIÓN: do 1 ao 21 de marzo de 2022, na SEDE do CRA de Rianxo (en Asados):

Luns: de 09:00 a 14:00 h.

Martes de 9:00 a 14:00 h e de 16:00 a 18:00 h.

Mércores: de 09:15 a 9:45 h.

Xoves: de 09:15 a 10:45 h e de 13:30 a 14:00 h.

Venres: de 10:00 a 13:00 h.

Lembrar que se debe solicitar cita previa nos teléfonos: 629650523 ou 981863305, ou no enderezo: cra.rianxo@edu.xunta.gal

 

Os impresos de solicitude de admisión estarán dispoñibles na aplicación admisionalumnado a partires do 1 de marzo de 2022, premendo aquí

Tedes os impresos de solicitude de admisión para descargar e imprimir en galego e en castelán premendo abaixo en adxuntos, os impresos deberán ser presentados coa firma dos dous proxenitores:

 

ENTROIDO 2022

NATUREZAS VIVAS DE CUNCHAS, ALGAS E FLORES

GOSTABA MARUXA MALLO DE VESTIR DE MAR A SÚA ARTE E O SEU CORPO. 
NÓS GOSTAMOS DELA. 
A SÚA ARTE ALIMENTA A NOSA ARTE E DÁLLE VIDA A NOVAS 
NATUREZAS DE CUNCHAS, ALGAS E FLORES.

   
   
   
   
   
   

 

 

OCÉANOS, ARTE E RECICLAXE

A PRODUCIÓN E CONSUMO EXCESIVO DE PLÁSTICOS IMPLICA GRAVES CONSECUENCIAS PARA O MEDIO AMBIENTE.

DEBEMOS REDUCIR AO MÁXIMO O CONSUMO DE PLÁSTICOS DUN SÓ USO COMO BOTELLAS, PRATOS, CUBERTOS, BOLSAS, BASTONCIÑOS, ETC.

ALGÚNS DESTES PRODUTOS TEÑEN OS DÍAS CONTADOS, ENTRE ELES AS BANDEXAS DE POLIESTIRENO. MENTRES TANTO PODEMOS APROVEITAR ESTES ENVASES PARA DARLLE UN NOVO USO ANTES DEPOSITALOS NO CONTEDOR AMARELO.

NA ESCOLA DE CRUCEIRO EMPREGAMOS ESTES ENVASES PARA DESCUBRIR A TÉCNICA DO GRAVADO.

ISTO PERMITIUNOS NON SÓ DESCUBRIR UNHA NOVA TÉCNICA ARTÍSTICA, SENÓN TAMÉN CONTINUAR AS NOSAS INVESTIGACIÓNS SOBRE OS OCÉANOS DE XEITO CREATIVO.

 

 

 

2 de Febreiro de 2022: Día da Candeloria.

Sabíades que na CANDELORIA ningunha ave voa soa? (Escola de Cruceiro).

   

Os nenos e nenas da Escola de Capela festexaron a CANDELORIA facendo comedeiros para os paxariños.

       

 

                                                                                                                                             

SESIÓN DE FORMACIÓN SOBRE DISLEXIA

Hoxe tivemos o privilexio de ter con nós á presidenta de AGADIX Esther López Carbajales.

Distribuir contido