Normalización lingüística

Cousiñas do noso CRA 2021

Un ano máis, entre todo o alumnado e profesorado do CRA de Rianxo ilustramos e deseñamos a revista escolar "Cousiñas do noso CRA", esperamos que vos guste. Agora que este curso chega ao seu fin, dende o E. D. L. G. queremos agradecervos o esforzo realizado neste ano tan complicado e desexamos que pasedes un moi bo verán.

Cousiñas do noso CRA

Un ano máis, entre todo o alumnado e profesorado do CRA de Rianxo ilustramos e deseñamos a revista escolar "Cousiñas do noso CRA", esperamos que vos guste. Agora que este curso chega ao seu fin, dende o E. D. L. G. queremos agradecervos o esforzo realizado neste ano tan complicado e desexamos que pasedes un moi bo verán.

 

 

 

FELIZ DÍA DAS LETRAS GALEGAS

LETRAS GALEGAS 2020

VIDEO HOMENAXE A D. RICARDO

CARBALLO CALERO

"As palabras teñen vida"

CARREIRA DAS LETRAS

n

 A TRADICIONAL CARREIRA DAS LETRAS QUE A COMUNIDADE ESCOLAR DO CRA VIÑA CELEBRANDO NO ESPAZO RECREATIVO DE CAMPO MANEIRO TRASLADOUSE NESTE CURSO 2018-2019 AO CENTRO DA VILA DE RIANXO. 

O DEPORTE, A RECOMENDACIÓN LECTORA,  A LEMBRANZA Á FIGURA DE ANTÓN FRAGUAS,  A MÚSICA E A DEGUSTACIÓN DE PRATOS E DOCES CASEIROS COMPARTIRON PROTAGONISMO TAMÉN COA DENUNCIA PÚBLICA Á  AGRESIÓN SUFRIDA POLA PLANTACIÓN DE CADUCIFOLIAS QUE O CRA TIÑA REALIZADO NO MES DE FEBREIRO NO MONTE DO PLEITO, TARAGOÑA.

A CARREIRA DAS LETRAS 2018

HOXE AS ESCOLAS DO C.R.A. DE RIANXO CELEBRAMOS A CARREIRA DAS LETRAS EN CAMPO MANEIRO.

COMO TODOS OS ANOS HOMENAXEAMOS AO NOSO IDIOMA, CORREMOS, CANTAMOS, BAILAMOS E COMO NON, COMEMOS.

E NON NOS ESQUECEMOS DE MARÍA VICTORIA MORENO POIS OS NOSOS AMIGOS DE PRIMARIA

RESUMÍRONNOS A SÚA VIDA.

E... COMO DÍ A CANCIÓN DE CARAPAUS - A FALA DO MANUEL:

 

COMO NOS GUSTA, COMO NOS PRESTA

Á NOSA LINGUA LEVALA DE FESTA!

PARA SENTILA PARA ESCOITALA

NA NOSA TERRA TEMOS QUE FALALA!

 

VIVAN AS NOSAS LETRAS!!

                 

FELIZ DÍA DAS LETRAS GALEGAS!!

CARREIRA DAS LETRAS

 

O pasado mércores 16 de maio celebramos o Día das Letras Galegas no Campo de Maneiro (Taragoña) coa nosa tradicional carreira na que crianzas, familias, profesores e profesoras participaron activamente manifestando o seu apoio na defensa da lingua galega.

Foi unha xornada moi agradable na que tornamos a rivalidade e a competitividade por convivencia e unidade fronte a unha causa que nos preocupa como é a continua perda de galegofalantes. Levamos a cabo distintas actividades co obxectivo de enxalzar o valor do galego como símbolo de identidade propia e da riqueza cultural que posuímos os galegos e as galegas. 

Logo de recibir a tódalas escolas comezamos coas carreiras baixo o lema "movémonos polo deporte e a cultura". Ademáis, este ano quixemos darlle un carácter solidario colaborando coa campaña "Gotas para Níxer" de UNICEF. 

A continuación tivo lugar un acto no que os nenos de Primaria da escola do Pazo renderon unha homenaxe á escritora á que este ano se lle adica o Día das Letras Galegas: María Victoria Moreno.

Continuamos coa entrega de medallas e diplomas para dar paso a unha animada foliada na que bailamos e cantamos cantigas propias de Rianxo, como mostra do patrimonio musical da nosa vila, ó son dos instrumentos tradicionais interpretados por familiares, amigos e mestres do noso CRA.  

Para rematar degustamos unha rica merenda que prepararon as familias.

 

Aquí tedes un vídeo onde se amosa o ben que o pasamos. Agardamos que vos guste!

  

A GALIÑA AZUL

CANDO SE ESTABA ACHEGANDO O TEMPO DE CELEBRAR AS NOSAS LETRAS TIVEMOS UNHA ENCOMENDA ESPECIAL,

FACER UNS TÍTERES AO NOSO GUSTO PARA REPRESENTAR UNHA PEQUENA PARTE DO CONTO

"A GALIÑA AZUL" DE CARLOS CASARES.

DECIDIMOS QUE OS NOSOS TÍTERES REPRESENTARAN O DISFRAZ QUE LEVAMOS NO ENTROIDO,

E ASÍ NOS PUXEMOS MANS Á OBRA:

NOVE GALIÑAS AZUIS CON CINCO PLUMAS VERMELLAS NA Á DEREITA, LEONCIO E A SÚA GALIÑA VERMELLA E CINCO GARDAS.

LOGO PABLO VEU A GRABARNOS. TODA UNHA EXPERIENCIA!

E ASÍ QUEDOU A NOSA ADAPTACIÓN DA GALIÑA AZUL:

https://www.youtube.com/watch?v=kSDPYp7cJ2M

CARREIRA DAS LETRAS 2017

UN ANO MÁIS XUNTÁMONOS EN CAMPO MANEIRO TODAS AS ESCOLAS DO NOSO CRA.

ALÍ TIVEMOS UNHA XORNADA FESTIVA PARA CELEBRAR AS NOSAS LETRAS.

CORREMOS A PROL DA NOSA LINGUA, HOMENAXEAMOS A CARLOS CASARES, CANTAMOS, BAILAMOS E TAMÉN MERENDAMOS.

UNHA XORNADA MOI ENTRAÑABLE!

 

 

FELICES LETRAS GALEGAS DE 2017!

DENDE O CRA DE RIANXO DESEXÁMOSVOS UN FELIZ DÍA DAS LETRAS GALEGAS DE 2017!

SE PICADES NA IMAXE ACCEDEREDES Á NOSA HOMENAXE A CARLOS CASARES. A NOSA PARTICULAR VERSIÓN DA GALIÑA AZUL!

DISFRUTÁDEA E QUE VIVAN AS NOSAS LETRAS!

A GALIÑA AZUL

MES DE MAIO, MES DE CASARES.

AQUÍ QUEDA A NOSA PARTICULAR HOMENAXE A CARLOS CASARES E Á SÚA GALIÑA AZUL. UN TRABALLO FEITO CON MOITO ESMERO POR PARTE DOS NEN@S E DAS MESTRAS E MESTRES DO CRA DE RIANXO.

DISFRUTÁDEO, FELIZ MES DE CASARES E FELICES LETRAS GALEGAS DE 2017!

 

Distribuir contido