Celebracións

DÍA DA INFANCIA

Crianzas dos Campamentos de refuxuiad@s saharahuís en Auserd (Tindouf, Alxeria)
e crianzas da Escola Rosalía de Castro
separadas pola distancia xeográfica e polas desiguais condicións de vida pero
unidas polo desexo e a reivindicación do recoñecemento efectivo dos
Dereitos das Crianzas
independientemente da raza, cor, sexo, relixión, orixe nacional, étnica ou social
ou calquera outra condición das nenas e nenos ou das súas familias .

CONVITE DE ENTROIDO

Este ano celebramos o entroido na escola de Capela.

Estades tod@s convidad@s.

Non podedes faltar!!

 

 

Festival de Nadal

Chega unha vez mais o Festival de Nadal

Xoves 19 de Decembro no Auditorio de Rianxo

De antemán agradecemos a todo o profesorado, ás familias,

a ANPA todo o esforzo que estades a realizar

para que o festival sexa un momento de ledicia e de ilusión

 

MAGOSTO!

                             

 

 

TORIBIÑO MANDA

 VOLVEU O ENTROIDO E CON ÉL O TORIBIÑO E AS SÚAS ENTROIDADAS. PARA PODER ENTRAR NAS ESCOLAS...
O LUNS HAI QUE LEVAR BIGOTE

O MARTES BIGOTE E ALGO NO PESCOZO

O MÉRCORES BIGOTE, ALGO NO PESCOZO E UNHA LAZADA NO CU

O XOVES BIGOTE, ALGO NO PESCOZO, UNHA LAZADA NO CU E ALGO NA CABEZA

O VENRES, O TORIBIÑO XA MANDOU E A FESTA IMOS A QUINTÁNS, PRA VESTIRNOS DE CHOQUEIR@S E COMER FILLOAS ATA FARTAR.

Día de Rosalía

Na escola de Capela sumámonos á celebración do Día de Rosalía.

 

 

A vida é un poema sen escribir, nas nosas mans está en facer os versos máis fermosos.

DÍA DE ROSALÍA

Ao redor do 24 de febreiro, fixado no Calendario do Libro e da Lectura como aniversario do nacemento de Rosalía de Castro, desenvólvense un grande número de actividades que gozan  dunha importante aceptación e impulso por parte da sociedade, e moi especialmente polo sector educativo.

A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) propón  á cidadanía que agasalle un libro en galego e unha flor,  e baixo o lema  Do XIX ao XXI: Libre o meu Pensamento!, convida asemade aos centros de ensino a realizar actividades que permitan ao alumnado observar e reflexionar sobre a vixencia do amplo abano de inxustizas sociais, incluída a situación da lingua galega, presentes na obra de Rosalía.

ANIMAIS COMA OS DEMAIS

O VENRES 21 DE DECEMBRO O CRA DE RIANXO CELEBROU O FESTIVAL DE NADAL 2018, DESTA VEZ BAIXO O NOME DE
"ANIMAIS COMA @S DEMAIS".

" A ORQUESTRA DOS ANIMAIS", " O PITÑO ", " O APALPADOR ", " O ENTROIDO DOS ANIMAIS ", " A TOUPIÑA QUE QUERÍA SABER...", SON ALGUNHAS DAS ACTUACIÓNS DAS QUE TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA PUIDO GOZAR AO LONGO DA MAÑÁ.

MAGOSTO EN RAÑÓ

 FAMILIAS, ALUMNADO E PROFESORADO DA ESCOLA DE RAÑÓ FIXÉRONNOS CHEGAR O CONVITE PARA O MAGOSTO.

O VENRES 16 GOZAMOS DA MELLOR FESTA DO OUTONO!

MAGOSTO 2018

(Ilustración de Suso Cubeiro para O Señor Mago e a folla, de Toño Nuñez)

XA ESTAMOS NO TEMPO DAS FOLLAS SECAS E DAS CASTAÑAS!
PERO PARA CELEBRARMONOS O MAGOSTO PRECISAMOS DUNHA MAÑÁ SEN CHUVIA, PARA ENCHER O PATIO DA ESCOLA DE RAÑÓ COS NOSOS XOGOS E CANTOS.
TAN PRONTO SAIBAMOS QUE ESCAMPA POÑEREMOS DATA E HORA A NOSA PRIMEIRA GRANDE FESTA DO CURSO.
ATENTAS E ATENTOS!
 

Distribuir contido