Actividades complementarias

20 DE NOVEMBRO: CONMEMORACIÓN DO DÍA DA INFANCIA

Como cada ano o 20 de novembro celebramos o Día da Infancia nas nosas escolas. O Día Universal da Infancia celébrase cada 20 de novembro en conmemoración da Declaración dos Dereitos das Crianzas en 1959.

Este ano as nenas e nenos da Escola Rosalía de Castro de Cruceiro conmemorárono dun xeito moi especial:

 

                             

 

Recrearon na súa escola un campamento sahahuí. As crianzas dos campamentos de refuxiados en Auserd e as crianzas da escola Rosalía de Castro en Taragoña separadas pola distancia xeográfica e polas desiguais condicións de vida pero unidas polo desexo e reivindicación do recoñecemento efectivo dos dereitos das crianzas.

                   

CONVITE DE ENTROIDO

Este ano celebramos o entroido na escola de Capela.

Estades tod@s convidad@s.

Non podedes faltar!!

 

 

Romería de fin de curso

 

MERCORES 20 DE XUÑO

XUNTANZA DE FIN DE CURSO

CENTRO SOCIOCULTURAL DE ARAÑO

Teremos xogos de arqueoloxía, taller de olaría,

coñeceremos as herbas de san Xoan, debuxaremos un enorme Arco da Vella,

e podermos ver moitos traballos dos nenos e nenas das escolas

 

Non faltedes.

 

FESTA DE ENTROIDO NA ESCOLA DE CRUCEIRO

 

O pasado venres 9 de febreiro celebramos na escola de Cruceiro a festa do entroido á que asistiron as alumnas e alumnos de todas as escolas que forman o noso C.R.A. e moitos familiares.

 

 

Foi unha xornada moi agradable e divertida na que cantamos cancións de entroido, bailamos, comemos doces típicos desta festa e fixemos un gran desfile pola aldea disfrazados de choqueiros.

FESTIVAL "FESTEXANDO O NOSO PATRIMONIO"

Mañá mércores 20 de decembro levaremos a cabo o noso festival de Nadal no Auditorio Municipal de Rianxo. Os nosos pequenos e pequenas nos deleitarán con cancións e bailes homenaxeando o noso patrimonio cultural e popular. Todas as familias que nos queirades acompañar seredes moi ben recibidas. Contamos con vós para pasar este día tan espacial todos xuntos.

A hora de inicio será ás 10 de mañá e o remate sobre as 12:30 h.

O claustro de profesores do CRA de Rianxo e todos os nosos nenos e nenas desexámosvos un bo Nadal e un próspero aninovo. 2018

Moitos bicos para todos e todas.

BENVIDO DE NOVO, DANIEL!

Este venres 24, o noso amigo Daniel tennos preparada unha saída á vila de Rianxo e pese a que desta vez non poderemos visitar canda el a biblioteca municipal, preparounos un roteiro polas rúas de Rianxo agasallándonos previamente co libro "Os bolechas: unha historia rianxeira!

E para aqueles nen@s que aínda non coñezan ao noso Daniel, aquí nos deixou a súa marabillosa presentación persoal!

Benvido de novo benquerido Daniel! Sorriso

Magosto na escola de Vacariza

O pasado venres 10 de novembro celebramos a festa do magosto na escola de Vacariza. Alí xuntámonos todas as escolas para cantar moitas cancións sobre o outono, as castañas, os ourizos,... nunha gran roda guiados polo profe Pablo.

 

 

Despois fixemos moitos xogos que nos gustaron moito e que nos abriu o apetito para degustar o froito protagonista da festa: as castañas. Tamén houbo doces de todas as clases (biscoitos, chulas, rosquillas, bolicos, galletas,...) e un delicioso chocolate! 

 

Foi un día xenial!

MAGOSTO 2017

O vindeiro venres 10 de novembro celebraremos o noso Magosto na escola de Vacariza. Neste día tan especial xuntarémonos todos e todas para cantar, xogar e comer castañas asadas. Anímadevos a participar.

En caso de choiva e previo aviso do centro a celebración trasladaríase ao venres 17.

SAMAÍN 2017

O vindeiro martes 31 de outubro celebraremos o Samaín nas nosas escolas.

Tallaremos cabazas arrepiantes, daremos moitos sustos e nos deleitaremos con historias de medo.

E lembrade nesta noite máxica non abrades as portas a ninguén, que as almas en pena non vos leven familias!!

Distribuir contido