Celebracións

MAGOSTO EN RAÑÓ

CASTAÑAS ASADAS , LEITE (SEN MEL...)

MOITOS DOCES E UN ESTUPENDO CHOCOLATE

XUNTO CON XOGOS E CANCIÓNS ,

FOI O QUE TIVEMOS  OS NENOS E NENAS

DO CRA NA ESCOLA DE RAÑÓ,

PARA FESTEXAR O MAGOSTO

GRUPO ROSA

GRUPO VIOLETA

 

                 GRAZAS AOS PAPÁS E MAMÁS

                QUE COLABORARON  COS SEUS POSTRES

                 E EN ESPECIAL AOS DE RAÑÓ QUE NOS ACOLLERON

            E NOS ASARON AS CASTAÑAS.

                                                             

 

ACHÉGASE O MAGOSTO!

Achégase o magosto a Quintáns, no cal esperamos disfrutar moito con todos os nosos compañeiros e compañeiras do resto das escolas do CRA.

Esta semana nas nosas aulas, estivemos a traballar arreo para que a nosa escola quedase ben bonita e acorde con estes tempos de magosto e outono. Decoramos os teitos, as portas e ata as ventás con castañas. Unhas grandes, outras pequenas, algunhas de cores...

Pero cando máis disfrutamos foi facendo os nosos bolsos e cestas para papar as castañas este venres en Rañó, e ata as fixemos con dous espazos para botar nun as castañas e noutro as tonas!

Aquí vos deixamos este vídeo para que vexades como nos preparamos para o gran día!

 

Apertas castañeiras!

 

SAMAÍN EN QUINTÁNS

Na escola de Quintáns celebramos o Samaín fai uns días. Foi unha festa ben especial. Houbo disfraces, aniversarios, tarta...pero algo tremendo pasou esa mañá! A escola encheuse de pantasmas e...Se queredes saber máis, teredes que ver o noso vídeo!

Bicos e apertas cargadiñas de medo!Anoxado

MAGOSTO

O venres 13 de novembro a comunidade educativa do Cra de Rianxo celebrou a tradicional festa do magosto na escola de Rañó.

O claustro de profesores e profesoras quere manifestar o seu agradecemento a todas as familias pola súa colaboración, e en especial ás familias anfitrionas que tan ben nos souberon acoller na súa escola.

SAMAÍN

Esculpido tradicional de cabazos, pintura á cera e música de Edvard Grieg

NOITE DE CABAZOS


(CABAZOS NO CRUEIRO DOS MENIÑOS, PRETO DA ESCOLA DE ABUÍN-BRIÓN)

UN ANO MÁIS, E SEGUINDO UNHA TRADICIÓN SALVAGARDADA POLOS NOSAS AVOAS E AVÓS,  PRENDÉRONSE  OS CABAZOS QUE ALUMEARON A  NOITE MÁXICA

MAIOS

DESPÍDESE O MES DE ABRIL COA FLOR DO MAIO NAS PORTAS RIANXEIRAS

ADEUS AO ENTROIDO

MOITO CHORAMOS O XOVES NA ESCOLA AO SABER DA MORTE DO NOSO ENTROIDIÑO !!

CHORAR, CHORAMOS BEN, PERO NO RECREO XA ESTABAMOS A XOGAR OUTRA VEZ AO ENTROIDO CO  "OSO DE SALCEDO"

SERÁ PORQUE UN ANO PASA BEN AXIÑA, E XA PARECE QUE ESTÁ A CHEGAR O ENTROIDO QUE VEN...

Distribuir contido