ANPA

A NOSA ANPA - APÚNTATE E APOIA

 

CONTACTO:

A.N.P.A. IRMÁNS ÍNSUA

C.R.A. DE RIANXO -

ATALAIA - ASADOS 15.984 RIANXO

crarianxoanpa@gmail.com

 

Reunion ANPA

 

 

Mércores 27 de novembro, celebrouse na sede do C.R.A. de Rianxo a Asemblea Ordinaria da ANPA, correspondente ao 1º trimestre do curso escolar.

Na reunión a Xunta Directiva da ANPA, expuso os obxectivos xerais da ANPA e os obxectivos específicos para o presente curso 2019-20. Entre os obxectivos a traballar destacan o mantemento das actividades complementarias, como oferta formativa e educativa que complementa a oferta do propio centro. No presente curso destaca como novedade a actividade de música que se realiza en colaboración coa Escola de Música de Rianxo. Continuarán as actividades de Piscina e de Ingles. Tamén continuará a participación da ANPA na Rede Cultural da Deputación así como coas federacións de ANPAS, de ámbito comarcal e provincial.

Por outra parte continuará a colaboración estreita co centro nas actividades complementarias e en todas as actuacións nas que a súa colaboración sexa útil para a mellora do traballo educativo do centro.

A presidenta da ANPA, Dª Aurora Rodríguez Rey, insiste na vontade de manter o esforzo de mellora da calidade educativa, e chama a atención á necesidade de apoiar o traballo do Xunta Directiva coa incorporación de mais persoas á directiva da ANPA.

As intervencións das familias asistentes apoiaron o traballo da Xunta Directiva, expresaron a vontade de na medida das súas posibilidades colaborar cos traballos da ANPA.

En Rianxo a 28 de novembro de 2019

Fotografías pola igualdade

A Federación Galega de ANPAS de Compostela, compartiu coa ANPA, do C.R.A. de Rianxo, as imaxes da exposición:

Fotografías pola Igualdade.

No contacontos de martes 5 de novembro poderemos velas na Biblioteca.

Logo as profesoraas e os profesores, levaremos as fotografías polas escolas.

CUESTIONARIO DE CONVIVENCIA DO CRA DE RIANXO

Deixámosvos o enlace ao cuestionario de convivencia para familias, profesorado, PAS e alumnado. Podedes cubrilo co código que se vos vai facilitar dende a dirección do centro e aportar a vosa opinión sobre a convivencia no noso centro.

Picade na imaxe para entrar.

 

IMOS AO TEATRO!

O VINDEIRO SÁBADO 28 DE ABRIL A NOSA ANPA IRMÁNS INSUA CONVÍDANOS AO TEATRO. VEREMOS A OBRA MISTERIOS NO AUDITORIO MUNICIPAL DE RIANXO ÁS 12:00 DA MAÑÁ. CONTAMOS CON TODOS VÓS, ANÍMADEVOS A PARTICIPAR!

PIONEIRAS

Por segundo ano consecutivo o noso centro celebrou o 8 de marzo, Día Internacional da Muller, adicándolle a Sesión de Biblioteca e Música do 2º trimestre. Se ben o ano pasado nos centrabamos na figura da muller científica, este ano adicamos a sesión ás mulleres pioneiras. Dentro das diversas actividades desta xornada, dende a nosa  ANPA Irmáns  Insua organizouse un obradoiro de pintura onde os nosos nenos e nenas deron forma ás figuras destas mulleres que abriron camiño. Como colofón a esta xornada tan especial mañá, no Auditorio Municipal de Rianxo, inaugúrase a exposición PIONEIRAS, onde se expoñen as pezas que crearon os nosos nenos e nenas. Dende o CRA  queremos dar as grazas a todas as persoas que fixeron isto posible  e invitamos a todo o mundo a que se pase polo auditorio a ver a exposición.

PLANTANDO NO CAMPO DE SAN ANTÓN

A vindeira semana levaremos a cabo unha xornada de educación medioambiental onde nos desprazaremos ata o Campo de San Antón na parroquia de Leiro para realizar unha plantación de árbores. A actividade está organizada polo Equipo de Voz Natura do centro e conta coa colaboración da ANPA. Tamén aproveitaremos para facer unha visita ao muiño de Xosé María en Rial. A principios de semana concretaremos a data xa que estamos pendentes das previsións meteorolóxicas.

ACTIVIDADES MEDIOAMBIENTAIS CA ANPA

A Anpa Irmáns Insua do noso cole invitanos a realizar unha serie de actividades medioambientais relacionadas ca conservación do noso medio natural. Nos vindeiros días chegarán ás nosas escolas unhas caixiñas marabillosas que agochan un segredo cheo de vida:

                                                                 

Unha semente que imos plantar e coidar para ver como agroma e como nace unha árbore. A Anpa ten planificado organizar unha plantación con todas estas arboriñas criadas na escola dende o coidado, o respeto e o amor pola natureza. Tamén nos invita a ler o conto A árbore da escola que,  ao igual que a caixiña, tamén chegará ás nas nosas escolas nos vindeiros días:

Nós coma sempre estaremos encantados e encantadas de sumarnos a esta iniciativa e traballaremos dende as nosas escolas para mellorar o noso entorno e por tanto as nosas vidas.

TARDES CON DANIEL

Hoxe a nosa biblioteca volve abrir as súas portas no seu horario habitual, ao redor das 17:00 h a profe Vero de Capela vainos contar Carabuñas.

Animádevos a participar

TARDES CON DANIEL

Hoxe pola tarde despois destas saborosas vacacións de Nadal o noso amigo Daniel volve convidarnos a pasar unha tarde divertida en compaña dos libros. A nosa biblioteca abre ás súas portas no seu horario habitual , e en torno ás cinco da tarde a profe Marién nos conta La gran fábrica da las palabras. Animádevos a participar

Distribuir contido