ANPA

Tardes con Daniel

Este martes 20 de xuño a nosa biblioteca abre as súas portas por derradeira vez neste curso 2016- 21017, no seu horario habitual de 16:00- 18:00 horas.

 

 

A profe Vero de Abuín vainos contar "Non quero ser un polbo". Con este contacontos rematamos as actividades de biblioteca dos martes. Daniel deséxavos que pasedes un feliz verán lector e espera que o curso que ven sigades vindo todos os martes á nosa biblioteca para gozar de tardes estupendas na compaña dos libros.

Boas vacacións!

 

 

Xornada de limpeza de praias , Voz Natura 2017

                                                                           

 

        O vindeiro venres 9 de xuño levaremos a cabo a Xornada de Limpeza de Praias Voz Natura 2017. Como levamos facendo dende fai xa varios cursos, desprazarémonos ata a praia de Tanxil en Rianxo. Realizaremos unha actividade de recollida de lixo no entorno para traballar a conciencia ecolóxica d@s nos@s nen@s e gozaremos tod@s xunt@s dun día de lecer con merenda, música e xogos populares. A actividade estará coordinada dende o centro, pero todos os familiares que desexedes acompañarnos poderedes achegarvos ata Tanxil.
            Sairemos en torno ás  10 da  mañá das nosas escolas e regresaremos ao redor das 13:30 horas. 

EXCURSIÓN DE FIN DE CURSO 2017

 

           O vindeiro mércores 31 de maio as escolas do CRA de Rianxo emprenderemos unha aventura de mar e terra. Na nosa excursión de fin de curso deste ano visitaremos a Illa de Cortegada, pertencente ao Parque Nacional das Illas Atlánticas. A organización das actividades que levaremos a cabo neste espazo natural está a cargo de Arenaria: gozaremos todos xuntos dun día de lecer ao aire libre aprenderemos moitas cousas do noso entorno marítimo e da riqueza da nosa ría. Saíremos as 9:00 da mañá das nosas escolas e voltaremos en torno das 18:30 da tarde.

XORNADA DE BIBLIOTECA 3º TRIMESTRE

                                                                   

Mañá mércores 24 de maio os nenos e nenas do CRA desprazarémonos ata Rianxo para desenvolver as actividades previstas para a  xornada de Biblioteca deste terceiro trimestre. Asistiremos a unha representación teatral a cargo de Títeres Babaluva que nos presenta o seu espectáculo "Tita" e remataremos a xornada cunha visita á Biblioteca Pública

TARDES CON DANIEL

Este martes Daniel volve a estar convosco! A nosa Biblioteca abre as suas portas en horario habitual de 16:00 a 18:00 horas.

   A profe Tamara de Quintáns vainos contar "Periplo atlántico" e xa que acaban de pasar as letras..faremos unha particular homenaxe á nosa terra! Animádevos a participar desta tarde en compaña dos libros!

TARDES CON DANIEL

O vindeiro martes 2 de maio a nosa Biblioteca abre as suas portas en horario habitual de 16:00 - 18:00 horas.

   O profe Antonio vainos contar "A Galiña Azul" para dar comezo ao mes de Casares! Animádevos a participar desta tarde entre libros!

Tardes con Daniel

O vindeiro martes 25 de abril a nosa Biblioteca abre as suas portas en horario habitual de 16:00 - 18:00 horas.

   A profe Isa vainos contar "Garavanciño". Animádevos a participar desta tarde entre libros!

 

Tardes con Daniel

O vindeiro martes 4 de abril a Biblioteca de Daniel volve a abrir as súas portas para todos e todas vós. O profe Martin contaranos "Pitusa Semifusa". Animádevos a participar. As nosas portas estarán abertas no seu horario habitual de 16:00 - 18:00 horas, para gozar con Daniel dunha tarde entre libros.

 

Tamén vos informamos de que fixemos unha pequena expo de libros científicos e mariños alongando a nosa sesión de Biblioteca deste trimestre para que poidades seguir mergullándovos no mundo da ciencia e do mar. Esperámosvos!!

XORNADA DE BIBLIOTECA 2º TRIMESTRE

                                                                    

MAÑÁ MÉRCORES 29 DE MARZO DESENVOLVERASE NO NOSO CENTRO A 2ª XORNADA DE BIBILOTECA  DESTE CURSO 2016- 2017. O NOSO AMIGO DANIEL INVITA A TOTALIDADE DO NOSO ALUMNADO A DESPRAZARSE Á SEDE DE ASADOS PARA TOMAR PARTE NAS SEGUINTES ACTIVIDADES:

 

1. AULA DE BIBLIOTECA

2. LABORATORIO CIENTÍFICO

3. OBRADOIRO DE CONSERVAS

 

 Organizan: Equipo de Biblioteca, Equipo de Complementarias e o Programa de Educación para a Saúde.

 

Tardes con Daniel

O próximo martes 14 de marzo a nosa biblioteca abre as súas portas en horario habitual de 16 a 18h. Ao redor das cinco da tarde, a profe Sol da escola de Cruceiro deleitaranos cun contacontos de "El árbol de los recuerdos". Animádevos a participar!

Distribuir contido