ANPA

TARDES CON DANIEL

ESTE MARTES 21 DE FEBREIRO A BIBLIOTECA DA DANIEL ABRE AS

SÚAS PORTAS AO FÁNTASTICO MUNDO DO DEPORTE DO XADREZ.

 

ASÍ QUE XA SABEDES, ANOTADE NAS VOSAS AXENDAS E VINDE

COMPARTIR CON NÓS UNHA TARDE DE XOGOS .

TARDES CON DANIEL

 

MAÑÁ MARTES 14 DE FEBREIRO A NOSA BIBLIOTECA ABRE AS SÚAS PORTAS PARA GOCE DOS NOSOS NENOS E NENAS. A PROFE BELÉN DE CAPELA NOS PRESENTA A UN AMIGO MOI ESPECIAL "O MOSTRO DE CORES". ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR NESTA TARDE DE TROULA CON DANIEL E OS SEUS AMIGOS E AMIGAS. CONTAMOS CON VÓS!!

CONTACONTOS DA ANPA

ESTE MARTES 24, ÁS 17H, AS MAMÁS DA ANPA CONTAN ORELLAS DE BOLBORETA! NON PERDADES OCASIÓN DE VIR ESCOITAR ESTE CONTO MARABILLOSO CO QUE AS NOSAS QUERIDAS FAMILIAS NOS VAN A ACHEGAR Á CELEBRACIÓN DO DÍA DA PAZ!

DENDE O CRA DE RIANXO QUERÉMOSLLE AGRADECER O SEU TRABALLO E A SÚA MARABILLOSA PARTICIPACIÓN NA NOSA BIBLIOTECA!

COMEZO CURSO DE PISCINA

BOS DÍAS FAMILIAS,

LEMBRADE QUE HOXE COMEZA O CURSO DE PISCINA POLA ANPA. 

ÁS 17:15 NA PISCINA MUNICIPAL DE RIANXO

CURSOS DA ANPA 2015/2016

OFERTA DE CURSOS DA ANPA 2015/2016

BOS DÍAS FAMILIAS. ESTAS ACTIVIDADES COMEZARÁN O  5 DE NOVEMBRO... E TI NON VAS VIR? CONTAMOS CON TODOS...

 

 

 

 

Clube de lectura infantil

 

Bos días a tod@s, o vindeiro mércores 25 de marzo

agardámosvos ás 16.30 na escola de Abuín para o

clube de lectura. Non faltedes e animadevos xa

que si o tempo nos acompaña daremos un paseo pola

aldea.

Clube de lectura infantil

 

Boas tardes amig@s, o vindeiro xoves día 12 estaremos de novo na sede do cra en Asados para pasar unha tarde divertida no clube de lectura, onde despois de leer uns cantos libros faremos divertidas carautas para carnavales, e si queres podes vir disfrazado.

E nos vos esquezades que o venres 13 vemonos no cole de Rañó para pasar unha maña moi amena cunha festa de disfraces.

30 de xaneiro. Dia escolar da non violencia e a paz

O vindeiro venres celebrámos nos nosos coles o día escolar da non violencia e da paz.

"Amor universal, non-violencia e paz. O amor universal e mellor que o egoísmo, a non-violencia e mellor que a violencia e a paz e mellor que a guerra"

 

Clube de lectura infantil

O vindeiro xoves día 29 de xaneiro retomamos o clube de lectura. Será como sempre na biblioteca da sede as 16:30 asi que xa sabedes non podedes faltar a cita cos libros e a pasar unha tarde moi divertida.

Festival de nadal 2014

Mañá venres esperámovos no Auditorio de Rianxo de 09:45 á 12.30 para ver os nosos cativos no Festival de nadal "Descubrindo o mundo".

As 11.50 teremos unha visita moi especial. Non podedes faltar.

A Anpa Irmáns Insúa deséxavos un bo nadal e un prospero ano novo.

 

 

 

Distribuir contido