2016-2017

A NOSA BIBLIOTECA ABRE AS SÚAS PORTAS!!!

DANIEL ESTÁ DE VOLTA!

 

O VINDEIRO MARTES 4 DE OUTUBRO, Á BIBLIOTECA DAS AMIGAS E AMIGOS DE DANIEL ABRE DE NOVO AS SÚAS PORTAS PARA TODOS VÓS, DENDE AS CATRO ATA AS SEIS DA TARDE.

ÁS CINCO PODEREDES GOZAR DO PRIMEIRO CONTACONTOS DESTE CURSO.

 

ESTADES CONVIDAD@S A PASAR AS TARDES DOS MARTES MERGULLAD@S NOS LIBROS.

 

AGARDÁMOSVOS!

Programación Xeral Anual 2016-17

 

 Introducción

Neste espazo da aula virtual do centro contéñense os documentos que constituen a Programación Xeral Anual para o presente curso 2016-17. /http://www.edu.xunta.gal/centros/crarianxo/aulavirtual/course/view.php?id=53/

Esta documentación e as propostas contidas neles, foi presentada ao Claustro de profesores e profesoras do centro e ao Consello Escolar, e mantendo os compromisos do actual Equipo directivo esta documentación foi proposta para a súa aprobación, sen perxuizo das responsabilidades que correspondan ao equipo directivo e á dirección do centro.

As sesións nas que se someteu á consideración do Claustro e do Consello Escolar a Programación Xeral Anual celebraronse  11 de outubro de 2016

A programación está constituida polos seguintes documentos:

1. Definición de obxectivos específicos para o curso 2016-17

2. Plan de actuación dos órganos colexiados

3. Programación e calendario de reunións dos órganos colexiados e de goberno.

4. Xornada escolar e horario xeral do centro, criterios para a súa elaboración

5. Plan para a potenciación e organización das relacións coa comunidade

6. Concreción anual do Proxecto Educativo de Centro

7. Estratexias metodolóxicas e organizativas de atención ao alumnado con necesidades educativas especiais

8. Plan para a potenciación da língua galega

9. Libros de texto e materiais curriculares

10. Plan para a utilización das instalacións do centro

11. Plan de autoprotección do centro

12. Programación anual de actividades complementarias e extraescolares

13. Plan de actividades da ANPA

14. Documentación organizativ do Centro (Documento e elaboración na aplicación XADE)

15. Coordenación co persoal non docente

16. Programa de formación anual do profesorado

17. Participación en proxectos de innovación educativa

18. Programación Curricular

19. Informe Económico

Como aspectos novos que van incidir na planificación do presente curso escolar e no seu desenvolvemento debemos destacar:

- O axuste realizado pola administración educativa na plantilla de profesorado do centro, ao reducir no presente curso un posto de profesor/a de apoio.

- O proxecto aprobado polo Concello de Rianxo de actuacións de mellora nas escolas do C.R.A. e que vai incidirde forma importante na calidade da edificacións e xa que logo nas condicións de habitabilidade

- O desenvolvemento da renovación parcial do Consello escolar que corresponde se desenvolve no 1º trimestre do presente curso escolar.

 

Principios de actuación

Para o presente curso 2016-17, mantemos os referentes de actuación e organización do centro, que reflicten as preocupacións expresadas ao longo dos últimos cursos polo conxunto da comunidade educativa. Estes referentes que podemos expresar como obxectivos xenéricos ou principios de actuación serán ao longo do presente curso:

Animar a participación da comunidade educativa na educación dos alumnos e alumnas do centro

Impulsar medidas que animen a innovación educativa, a investigación e exploración de prácticas educativa cada vez mais axustadas as necesidades dos alumnos e alumnas é as aspiracións da propia comunidade.

Mellorar a actualización e a accesibilidade permanente dos documentos organizativos  do centro

Manter e mellorar as actividades que dan cohesión e sentido colectivo ao noso centro

Manter e mellorar a comunicación do noso centro coa contorna, considerada esta no seu sentido máis amplo: institucións, entidades e asociacións e tamén a propia contorna en canto que patrimonio cultural e natural.

Estes referentes deben axudarlle ao centro, dunha parte a avanzar na mellora do traballo educativo, a definir os programas concretos de actuación en cada un dos ámbitos de actuación é á vez  deben axudarlle a dar resposta axustada e adecuada aos retos e tarefas que neste curso se presentan como novedosas ou que non sendo novedosas requiren que o centro realice un esforzo engadido para a súa consolidación e mellora:

Renvoación do Consello Escolar 

Desenvolvemento do Plan de Formación no Centro

Apertura da Biblioteca do Centro á comunidade

Continuar os proxectos postos en marcha pola ANPA en cursos anteiores especialmente o proxecto pintando contos nas nosas escolas.

Coordenación cos centros receptores.

 

DOCUMENTOS DO PROXECTO CURRICULAR DE CENTRO

O COLEXIO RURAL AGRUPADO DE RIANXO

Nesta folla insertase a definición do Colexio Rural Agrupado de Rianxo.

Mais documentación do Proxecto Educativo de Centro pode consultarse en     (Aula Virtual - PEC )

 A súa constitución:

O Colexio Rural Agrupado de Rianxo, constiuese o día 24 de outubro de 1995, ao amparo do decreto 63/1988 de 17 de marzo sobre constitución de Colexios Públicos Rurais Agrupados.

De acordo co establecido neste decreto os centros públicos de menos de oito unidades sitos en ámbitos rurais, poderán agruparse para constituir un só colexio público que gozará de plena capacidade académica de xestión.

O decreto establece algunhas consideracións de índole organizativa que devines a natureza dos colexios públicos rurais agrupados:

Terán como obxectivo fundamental elevar a calidade do ensino nas comunidades rurais

Os recursos humanos e materiais das unidades agrupadas intégranse nos colexios rurais agrupados

O cadro de pforesores do colexio rural serán equivalente en número ao das unidades que o constituan sen perxuizo do profesorado especialista e de apoio que poida asignarse

Os órganos de goberno e de coordenación pedagóxica serán os mesmos que corresponde con un colexio público completo: equipo directivo, claustro de profesores e profesoras, consello escolar, comisión económica e equipos de coordenación pedagóxica.

 

 

Escolas que a integran:

Na actualidade constitúen o Colexio Rural Agrupado de Rianxo as nove escolas de: Cruceiro, Cuvide e Outeiro, na parroquia de Taragoña; Capela, na parroquia de Araño; Quintáns e Vacariza, na parroquia de Isorna, Rañó e Abuin na paraquia de Leiro e Pazo na parroquia de Rianxo.

O Colexio Rural Agrupado de Rianxo, ten a súa sede na parroquia de Asados, onde estaban as antigas escolas de Atalaia.

O inventario de bens do concello actualizado o día 5 de decembro de 1995 de Rianxo recolle a denominación, naquel momento, a ubicación, o ano de construcción e a superficie de cada unha das escolas:

Escola vivenda Rosalía de Castro, Taragoña, na parroquia de Taragoña, construida no ano 1930 e cunha superficie de 237 m

Escola vivenda de Vcariza, na parroquia de Isorna, construida en 1932 e cunha superficie de 160 m.

Escola vivenda de Pazo, no lugar de Campiño Pazo, construida en 1950 e cunha superficie de 268 m.

Escola vivenda de Brión, en Brión Leiro, construida en 1960 e cunha superficie de 394 m.

Escola vivenda de Igrexa, no lugar de Igrexa na parroquia de Leiro, construida en 1960 e cunha superficie de 150 m. Con posterioridade no ano 1990, construiuse unha edificación nova de 90 m. que na actualidade constitue o edificio principal da Escola de Rañó.

Escola vivenda de Quintáns, no lugar de Quintáns na parroquia de Isorna, construida en 1960 e cunha superficie de 268 m.

Escola vivenda de Capela, no lugar de Capela da parroquia de Asados construida en 1963 e cunha superficie 268m.

Escola vivenda de Outeiro, no lugar de Outeiro en Taragoña, construida en 1963 e cunha superficie de 410 m.

Escola de Cuvide, no lugar de Cuvide na parroquia de Taragoña, construida en 1987 e cunha superficie de 154 m.

Escola vivenda de Atalaia, en Atalaia na parroquia de Asados, construida en 1963 e cunha superficie de 572 m. O C.R.A. de Rianxo, utiliza tres dos oito locais desta edificación. Os outros locais son agora utilizados polo Concello de Rianxo para distintas finalidades de carácter social e cultural.

Cando se constitui o C.R.A. de Rianxo, ademáis destas escolas estaban en funcionamento e estaban integradas no C.R.A. as Escolas de Burés, pertencente á parroquia de Asados e a Escola de Buía pertencente á escola de Araño. A escola de Burés pechou, cando entrou en funcionamento o Colexio de Asados, e a escola de Buhía pechou a causa da disminución da matrícula nesta escola. Con anterioridade a constitución do C.R.A. en 1995, funcionaran as Escolas de Ourille, da parroquia de Taragoña e de Vilar da parroquia de Araño.

  

Oferta educativa actual:

Na actualidade no C.R.A. de Rianxo, escolarizánse nenos e nenas dende os 3 ata os 7 anos de idade que se corresponden co 2º ciclo de educación infantil e co 1º ciclo de educación primaria. Non obstante na actualidade non todas as escolas escolarizan estes rangos de idade a súa oferta educativa concreta é a que se indica:

Escola de Cruceiro, conta con dúas unidades de Educación Infantil nas que se escolarizan alumnos e alumnas de 4º, 5º e 6º de E.Infantil

Escola de Vacariza, conta con unha única unidade na que se escolarizan alumnos e alumnas de 4º, 5º e 6º de E. Infantil e de 1º e 2º de E. Primaria

Escola de Pazo, conta con dúas unidades, nunha escolarízanse alumnos e alumnas de 4º, 5º e 6º de E. Infanitl e na outra escolarízanse alumnos e alumnas de 1º e 2º de E. Primaria

Escola de Abuin, conta con unha única unidade en funcionamento, e nela escolarizanse alumnos de 4º, 5º e 6º de E.I. e de 1º e 2º de E.P.

Escola de Rañó, conta con únha úniva unidade en funcionamento e nela escolarizanse alumnos de 4º, 5º. e 6º de E.I. e de 1º e 2º de E.P.

Escola de Quintáns, conta con unha única unidade na que se escolarizan alumnos e alumnas de 4º, 5º, e 6º de E.Infantil e de 1º e 2º de E. Primaria.

Escola de Capela, conta con dúas unidades, nunha escolarizanse alumnos de 4º, 5º e 6º de E. Infantil e de 1º e 2º de E. Primaria.

Escola de Outeiro, conta con unha única unidade en nela escolarizanse na alumnos e alumnas de 4º, 5º e 6º de Educación Infantil e está habilitada para escolarizar alumnos do 1º ciclo de E.Primaria, de ben na actualidade non hai alumnos e alumnas desta etapa educativa escolarizados.

 

Escola de Cuvide, conta con unha única unidade e nela escolarizanse alumnos e alumnas de 4º, 5º e 6º de E. Infantil.

Distribuir contido