Clube de Ciencia Nautilus

Conxunto de recursos relacionados co Clube de Ciencia.

12ª SESIÓN DO CLUB DE CIENCIA 23-24: "THE BIG BANG THEORY"

Non pensedes mal, nesta sesión do club de ciencia aínda que o seu título pode levar a confusión non imos ver a tele! Pero utilizando o nome desta famosa serie de televisión que ten como protagonistas a uns científicos moi especiais e divertidos, mergullámonos no estudio das orixes do universo e do noso sistema solar.

 

Fixemos un montón de cousas de forma lúdica e entretida: xogamos ao memory sobre os compoñentes do universo, construimos galaxias, creamos unha maqueta do sitema solar, investigamos sobre os movementos planetarios de rotación e translación observando o número de voltas ao Sol que da cada planeta  e o tempo que tarda en facelo, consultamos libros sobre o universo.... Foi unha tarde xenial! Ata a próxima!

11ªSESIÓN DO CLUB DE CIENCIA 23-24: "QUE DI CHARLES DARWIN DA ORIXE?

Adicamos esta sesión do club de cienciaa un dos científicos máis importantes e coñecidos da Historia Natural que garda unha estreita relación co proxecto que traballamos este ano no noso cole "A Orixe". Escoitastes algunha vez falar da evolución das especies? O nome de Charles Darwin éche coñecido? Imos aprender sobre a viaxe que realizou ás Illas Galápagos e como anotaba todas as suas ideas, para despois explicar á sociedade cómo ao longo do tempo as especies foron cambiando para adaptarse ao seu entorno. Moitas das súas ideas cambiaron a ciencia para sempre.

 

Hoxe coñecimos ao señor Darwin e as súas teorías sobre a evolución. Ata a próxima!

10ª SESIÓN DO CLUB DE CIENCIA 23-24: "COMO NACEMOS?"

Esta semana no club de ciencia investigamos as diferentes formas que teñen os animais de ter fillos, xa que é un dos procesos fundamentais no noso planeta dunha beleza e complexidade tal, que necesita ser explicado e investigado. Aprendemos sobre os tipos de reproducción que existen sexual e axesual e tamén a cerca da clasificación dos animais segundo a súa forma de reproducirse e nacer: ovíparos, vivíparos....

Foi unha xornada moi entretida e fructífera porque nos encantan os animais e nos encanta aprender todo o que podemos sobre eles. Ata a próxima!

9ª SESIÓN DO CLUB DE CIENCIA 23-24: "ANIMAIS POLO MUNDO"

Esta semana no club de ciencia aprendemos un montón sobre as relacións entre as especies de animais que hai polo mundo: onde viven, en que ecosistemas se desenvolven, os parentescos entre animais de distintos continentes,curiosidades…

Lóxicamente tivemos que traballar co mapamundi e o globo terráqueo. Aprendemos un montón porque nos encanta saber cousas sobre os animais. Ata a próxima!

CIENCIA NA ESCOLA 23-24: "INICIANDO AS PLANTACIÓNS NA ESCOLA DE CAPELA"

@s nos@s compañeir@s da escola de Capela iniciaron a tempada de plantacións na escola. Os máis maiores axudaron @s peques ensínandolles cal é o proceso correcto para que a planta prenda. Entre outras cousas plantaron framboesas no patio da escola. 

Unha vez rematado o traballo, só falta coidar e esperar para recibir estes deliciosos froitos. Sorte compañeir@s! Esperamos degustar pronto desas ricas framboesas. Ata a próxima! 

8ª SESIÓN DO CLB DE CIENCIA 23-24: "FÓSILES"

Na sesión de club de ciencia desta semana aprendemos un montón de cousas a cerca dos dinosaurios e convertémonos e paleóntologos por un día, buscando fósiles e utilizando os mesmos utensilios que usan eles. Para rematar creamos o noso propio fósil que levamos para a casa ao rematar a sesión.

Pasámolo moi ben! Ata a próxima!

7ª SESIÓN DO CLUB DE CIENCIA 23-24: "COMO SON AS NOSAS PEGADAS"

Esta semana no club traballamos moitas cousas. Aprendimos que as nosas marcas dactilares son únicas, e averiguamos por que. Miramos e comparamos unhas con outras, para saber en que cambian e como se forman. Descubrimos cousas moi interesantes de mulleres científicas e escribimos con pluma!

Foi xenial, pasámolo moi ben! Ata a próxima.

6ª SESIÓN DO CLUB DE CIENCIA 23-24: "E TI...DE QUEN VES SENDO?"

Esta semana no club aprendimos moitas cousas a cerca de onde veñen os animais que podemos ver hoxe no noso día a dia. Investigamos e coñecemos quenes son os avos dos nosos mexillóns, polvos, nécoras, ourizos…

Pasámolo moi ben e descubrimos un montón de cousas sobre a orixe dos animais. Ata a próxima!

CIENCIA NA ESCOLA 23-24: SEMANA DA CIENCIA

 

Ao longo da derradeira semana de xaneiro os nosos amigos Yoli e David de Arenaria visitaron as nosas escolas para levar a cabo a semana da ciencia. Con eles fixemos un percorrido pola historia da vida no noso planeta.

Pasámolo xenial e aprendemos un montón de cousas sobre a orixe da vida, onde xurdiu, cales foron os primeiros animais, por que se extinguiron os dinosaurios, de onde vimos os seres humanos... implementando nas nosas aulas experiencias para enriquecer o proxecto documental integrado que traballamos este ano "A Orixe".

CIENCIA NA ESCOLA 23-24: NOVOS DOSSIERS DE EXPERIMENTOS

A través dun enlace e en documento adxunto pdf mandamos dous dossiers con diversos experimentos científicos para levar a cabo nas nosas escolas. Son experimentos que podemos adaptar á idade do noso alumnado, e que tamén podedes facer dende a casa. Animádevos. Esperamos que os atopedes interesantes!

 

Un bico grande para todos e todas.

 

Podedes acceder directamente aos dossiers clicando a continuación:

FICHERO DE EXPERIMENTOS

LIBRO DE EXPERIMENTOS

Distribuir contido