12ª SESIÓN DO CLUB DE CIENCIA 23-24: "THE BIG BANG THEORY"

Non pensedes mal, nesta sesión do club de ciencia aínda que o seu título pode levar a confusión non imos ver a tele! Pero utilizando o nome desta famosa serie de televisión que ten como protagonistas a uns científicos moi especiais e divertidos, mergullámonos no estudio das orixes do universo e do noso sistema solar.

 

Fixemos un montón de cousas de forma lúdica e entretida: xogamos ao memory sobre os compoñentes do universo, construimos galaxias, creamos unha maqueta do sitema solar, investigamos sobre os movementos planetarios de rotación e translación observando o número de voltas ao Sol que da cada planeta  e o tempo que tarda en facelo, consultamos libros sobre o universo.... Foi unha tarde xenial! Ata a próxima!