2020-2021

Participación no procedemento de distribución de máscaras. - XUNTA DE GALICIA

A Orde do 6 de novembro de 2020 regula os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes púbĺicos no curso 2020/21.

Alumnado destinatario:

O alumnado matriculado en Educación Primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial que, de acordo coa ORde do 12 de maio de 2020 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar no curso 2020/21:

  1. Fose beneficiario da axuda para adquirir material escolar.
  2. Non fose beneficiario da axuda para adquirir material escolar por diferentes circunstancias, pero:
  • Pertenza a familias cunha renda per cápita igual ou inferior a 6.000 €.
  • Estea matriculado en educación especial, ou suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia ou teña unha discapacidade igual ou superior ao 65 %, con independencia da renda da unidade familiar.

Prazo: 16-11-2020 ao 27-11-2020

Presentación de solicitudes:

  • Deberán presentar solicitude os pais, nais, titores ou representantes legais do alumnado que non presentou solicitude de material escolar en tempo e forma ou resultou excluída. 
  • Presencialmente no centro docente (en Asados). É necesario solicitar cita previa no teléfono 629650523.
  • Presentar o formulario normalizado (anexo I) cuberto que estará no propio centro e na páxina web da xunta.

Documentación complementaria:

  • Anexo II (comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar).
  • Copia do libro de familia ou documento equivalente, onde figuren o alumno e os demais membros computables da unidade familiar.
  • En caso de separación o divorcio, ademais deberán achegar a sentenza xudicial e/ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/a menor.
  • Certificado do grao de discapacidade do/da alumno/a ou calquera membro da familia.
  • Documentación xustificativa da situación de violencia de xénero no ámbito familiar, en calquera das formas que enumera o artigo 5 da LEi 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero.
  • Resolución xudicial de incapacitación con patria potestade prorrogada ou rehabilitada.

 

Para máis información, ligazón ao DOG:

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2020/20201113/AnuncioG0598-061120-0002_gl.pdf

 

CIENCIA NA ESCOLA: NEVE ARTIFICIAL EN RAÑÓ

Os nenos e nenas da escola de Rañó puxeron en práctica este experimento que descubrimos con María e Yoli nas sesións do club de ciencia. Aprendimos a crear neve artificial partindo dun cueiro grazas a acción dun producto químico.

             

Vendo o resultado parece que o experimento foi todo un éxito! Bravo polos científicos e científicas que temos en Rañó!

2ª SESIÓN DO CLUB DE CIENCIA: "NEVE EN RIANXO"

 

 

 Esta semana no noso club tocou clase de química. María e Yoli ensináronnos a facer neve artificial partindo dun cueiro. Descubrimos por que os cueiros son tan absorbentes e por que os líquidos non escapan do seu interior: todo se debe a unha substancia química. Queres saber cal é? Non te perdas o seguinte vídeo

 

 

Os nosos nenos e nenas pasárono pipa creando e xogando ca neve artificial:

 

          

 

se queres probar...xa sabes... Ata a próxima!

A GALIÑA CACORROCHIÑA

"La literatura oral es una forma básica, un modo literario esencial en la vida del niño pequeño, porque la palabra está impregnada de afectividad. El cuento, el romance, la lírica, construyen el mundo auditivo-literario del niño, le incorporan vivencialmente a una cultura que le pertenece, le hacen partícipe de una creación colectiva, le otorgan signos de identidad"
Ana Pelegrín ( La aventura de oír)

Proxecto: "Fíos de palabras. Contos impresos e de tradición oral"

SESIÓN INAUGURAL DO CLUB DE CIENCIA NAUTILUS

    

Onte, mércores 4 de novembro, tivo lugar a sesión inaugural do noso club de ciencia deste curso 2020-2021. Cada mércores pola tarde transformarémonos en científicas e científicos realizando actividades manipulativas e experimentos igual que nun laboratorio real.

              

Cada semana reunirémonos con María e David de Arenaria que compartirán con nós moitas actividades e experiencias científicas e darán resposta as nosas inquietudes achegándonos ao mundo da ciencia. 

Onte María, entre outras cousas, trouxo un nautilus, o molusco que da nome ao noso club e que se trata dun auténtico fósil vivinte. Ao final da actividade agasallounos cun pin co debuxo deste animal mariño tan singular.

       

As nosas crianzas gozaron enormemente desta actividade que se desenvolverá todos os mércores no local social de Asados e na sede do CRA. Ata a semana que ven!

Contos impresos

Distribuir contido