Skip to Content

Novas

A Voz de Galicia lembra que o noso alumnado foi pioneiro en reclamar a oficialidade do galego no Parlamento Europeo

Moitos de vós lembraredes que hai dous anos co gallo da nosa participación no programa de escolas embaixadoras do Parlamento Europeo, alumnado de 4ºESO iniciou en redes sociais unha campaña para oficializar a lingua galega no Parlamento Europeo que tivo moita repercusión. Hoxe en La Voz de Galicia lembran que o noso alumnado foi pioneiro nesa reivindicación.

Máis info | La Voz de Galicia

 

Normas do comedor escolar

Participamos na Open Science 2023 en Cambre

Comezamos o curso coa participación na Feira científica Open Science 2023 que se celebra anualmente no mes de setembro e na que se dan cita centros educativos, universidades, asociacións e científicas e científicos tanto do panorama nacional coma do internacional. Podedes ver imaxes e videos da feira nas historias destacadas do noso perfil de instagram de Ciencia o Cruce.

Máis información | Open Science Cambre

Axuda e instrucións para o pagamento do servizo de comedor

O pagamento do servizo de comedor pódese facer presencialmente no banco co impreso correspondente que facilita o centro educativo, pero tamén de xeito telemático a través de dúas canles:

  • Pagamento con tarxeta, a través de Espazo Abalar (non confundir coa aplicación Abalar Móbil) e a plataforma do CIXTEC, con calquera navegador se dispoñemos de certificado dixital ou chave 365. Neste caso o impreso de aboamento de taxas está xa previamente cargado na aplicación.
  • Pagamento con tarxeta (ou Bizum), a través a Oficina Virtual ATRIGA e TPV con calquera navegador e acceso libre, sen necesidade de identificación. Neste caso podemos recoller/solicitar o impreso no centro educativo para coñecer o importe ou calculalo nós mesmos multiplicando o prezo por día polo número de días nos que o/a alumno/a utilizou o servizo de comedor no mes en cuestión.

A vantaxe do uso do Espazo Abalar é que, se empregamos ese método de pago, non é necesario presentar xustificante do mesmo no centro. Nos outros casos haberá que presentar o xustificante do pago presencialmente ou enviándoo por correo electrónico.

A continuación deixámosvos as ligazóns para acceder ás dúas plataformas e unhas indicacións de axuda en relación cos procedementos.

 

                         

 

INSTRUCIÓNS PARA O PAGO A TRAVÉS DA OFICINA VIRTUAL DA AXENCIA TRIBUTARIA DE GALICIA (ATRIGA)

 

 

Calendario escolar 2023/24

Calendario 2023-24 edu xunta

Admisión de membros da comunidade educativa como colaboradores voluntarios do comedor escolar para o curso 2023/2024

Anuncio de apertura do prazo de admisión de membros da comunidade educativa do CPI O Cruce como colaboradores voluntarios nas tarefas de atención e apoio ao alumnado usuario do comedor escolar durante o curso 2023/2024.

As nais, os pais, os/as titores/as legais e os/as acolledores/as familiares do alumnado do cenro que desexen, ao longo do curso 2023/2024 colaborar nas tarefas de atención e apoio aos escolares usuarios do comedor escolar, poderán presentar solicitude cubrindo a solicitude e o anexo III dos ficheiros adxuntos e achegándoo por correo electrónico ou presencialmente en secretaría.

O prazo para presentar solicitudes permanecerá aberto ata o día 1 de setembro de 2023

A solicitude pódese presentar presencialmente no centro ata o 21 de xuño ou posteriormente por secretaría virtual ou correo electrónico.

Solicitude servizo de comedor curso 2023/24

Publicada a Instrución 2/2023 da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura Eduación e Universidade do 1 de xuño, sobre funcionamento dos comedores escolares de Xestión directa no curso escolar 2023-24, ábrese o prazo para que as familias que desexen solicitar servizo de comedor para o vindeiro curso presenten presencialmente ou por vía telemática (ao correo electrónico do centro) cubertos  impreso que se achega:

 

As persoas que non teñan posibilidade de imprimir na casa poden pasar a recoller os impresos en papel que estarán á súa disposición no vestíbulo do centro.

Distribuir contido


by Dr. Radut