Skip to Content

Novas

O CPI O Cruce será escola embaixadora do Parlamento Europeo no curso 2020-2021

 

Seis centros galegos resultaron preadmitidos para participar no programa "Escolas embaixadoras do Parlamento Europeo", entre eles o CPI O Cruce. O programa ten por obxecto estimular o coñecemento de Europa e da democracia parlamentaria europea entre a xuventude. 

Consultar a listaxe de centros preadmitidos para o curso 2020-2021

Máis información | Programa escolas embaixadoras

AVISO - Cuestionario Erasmus+ Ocean Connections Pilot 2 (xullo 2020)

O alumnado que participa no proxecto Erasmus+ Ocean Connections rematou o prazo

 

Recoñecemento para alumnado do CPI O Cruce no marco do concurso "Atrévete a ter unha idea"

En "La Voz de Galicia" facíanse eco esta fin de semana do recoñecemento a estudantes do CPI O Cruce no concurso "Atrévete a ter unha idea", do Plan de Emprendemento "eduemprende".

Instrucións para solicitar axudas de COMEDOR

As solicitudes de axudas deberán tramitalas as familias por vía electrónica no portal da Xunta de Galicia.

As familias que non  teñan posibilidades de facer esta tramitación, poden facela a través do centro, para iso deben  aportar  por vía telefónica  (de 9:30 a 13:30 h)  chamando ao telf: 881 880501 e/ou por e-mail:  cpi.cruce@edu.xunta.es  os seguintes datos:

a) DNI ou NIE da persoa representante legal do alumnado (titor/a)
b) Condicións de beneficiarios de comedor nas bases de datos da Consellería
c) Nome e apelidos do titor/a; nome, apelidos e curso dos fillos/fillas
d) Número de conta bancaria no que se quere recibir o aboamento da axuda.

Se algunha familia non quere facilitar a conta bancaria pode autorizar  á Xunta a consulta de datos

O centro xa se encarga tramitalo

Distribuir contido


by Dr. Radut