Skip to Content

Música na escola

Tractor amarillo

 

Na semana do 13  ao 18 de febreiro escoitamos:

 "Tractor amarillo"

Zapato Veloz

Zapato Veloz é o nome artístico dun grupo galego de música pop que obtuvo un éxito no verán de 1991 co seu tema Tractor amarillo. Destacaron por tratar temas da xuventude da época, a política ou a actualidade do momento así como do cine e a televisión. O grupo formouse a partir dunha peña de amigos a finales de 1990. Os seus compoñentes foron Mario Mosteiro, José Carlos Álvarez e Javier Diaz.

 

Letra da canción  TRACTOR AMARILLO

 

 

PARALÁ

Na semana do 6  ao 10 de febreiro escoitamos:

 "PARALÁ"

Mercedes Peón

Mercedes Peón, nada en 1967, é unha cantante e instrumentista  galega.

Fíxose moi popular como presentadora do programa de entretemento Luar (TVG) no que traballou mostrando as súas investigacións de máis de 10 anos percorrendo as aldeas galegas na busca da tradición oral e as músicas máis ancestrais.

 

 É unha das artistas galegas máis destacadas dos primeiros anos do século XXI. Ten recibido recoñecementos a nivel internacional no ámbito da música de folk, como son o premio a mellor disco da revista Folkworld (2000) polo disco Isué. Foi finalista na categoría de mellor artista do ano (2000) nos premios da radio BBC3.

Foi Premio Nacional de Música en 2008.

   

Letra da canción PARALÁ 

O MUNDO

Na semana do 30 de xaneiro ao 4 de febreiro escoitamos:

"O MUNDO"

No ano 1986 nace LUAR NA LUBRE na cidade de A Coruña.  

LUAR NA LUBRE é hoxe en día a banda máis internacional de Galicia. Dende Palestina a Canadá e dende Arxentina a Alemaña, levan percorrido parte do planeta levando a cultura e a música da nosa terra a través da súa proposta.

O seu proxecto baséase fundamentalmente nas músicas de raíces galegas polo que adican especial atención ao estudo dos cancioneiros galegos así como ao traballo de campo que lles proporciona un fondo coñecemento sobre a realidade musical galega e que se revela determinante nas composicións propias.

Descargar a letra de "O Mundo"

ESCOITAR "O MUNDO"

 

 

Música na escola

 Na semana do 23 ao 27 de xaneiro escoitamos

"ES POR TI"

CÓMPLICES

O grupo Cómplices nace en 1987, cando Teo Cardalda e Germán Copinni deciden desfacer  o su anterior grupo, "Golpes bajos", para ir cada un polo seu lado. Cardalda decide formar Cómplices xunto á súa parella María Monsonis e os músicos Tino DiGeraldo e Billy Vilegas. En 1989, estes deixan a agrupación, que queda entonces como un dúo, con Teo e María

Descargar a letra de "ES POR TI"

 

FOLIADA DE MARZO

Na semana do 16 ao 20 de xaneiro escoitamos

"FOLIADA DE MARZO"

CANTA: UXÍA

Uxía Domínguez Senlle, nada en Sanguiñeda (Mos), o 19 de novembro de 1962.

Uxía comezou a cantar dende moi nova. A súa carreira comeza oficialmente en 1985, cando gaña o primeiro premio do Festival de Bergantiños. En 1986, con só vinte e catro anos, publica o seu primeiro álbum, Foliada de Marzo, cunha música bastante próxima ao tradicional, influenciada polo espertar da poesía galega na música popular.

ESCOITAR "FOLIADA DE MARZO"

 Descargar A LETRA DE "FOLIADA DE MARZO"

 

 

Música de Nadal

Dende o 19 ao 21 de decembro escoitamos:

 Panxoliñas

PREMIADOS CONCURSO

Música na escola

Na semana do do 5 de decembro ao 9 de decembro, con motivo da exposición "As olimpiadas na antiga Grecia" soará música grega:

Sirtaki

 

1º Concurso de "Música na escola" 2011-2012

Bases concurso

Ver as bases

Durante a semana do 28 ao 30 de novembro soarán cancións galegas que  xa se escoitaron este trimestre.

Todos os días da semana, excepto o martes, farase unha pregunta sobre a canción que soe ese día.

   

 Iremos engadindo, cada día, a pregunta correspondente.

1º CICLO 2º CICLO 3º CICLO
luns luns luns
mércores mércores mércores
xoves xoves xoves
venres venres venres

Accion de gracias

Na semana do 21 ao 25 de novembro escoitamos

MÚSICA PARA ACCIÓN DE GRACIAS

"HAPPY THANKSGIVING"

 

 Descargar A LETRA 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut