Inerttes nace en Candeán, un pequeno barrio periférico de Vigo entre finais de 2004 e principios de 2005. Durante todo este tempo realizan concertos, ensaian duro e en 2007 gravan o seu primeiro tema de estudio chamado "Caras". Este tema servelles para realizar máis concertos e quedar ás portas da final de varios concursos.
En maio de 2008 sae a luz o seu primeiro EP (Extended Play). "STARPEZ". A raíz deste traballo consegue varios recoñecementos e galardóns. En jullo de 2008 convertense nun dos 5 finalistas do concurso MySpace Sin Conservantes. En decembro de 2008 ganan o premio a mellor maqueta do Maketón Estrella Galicia tras 7 semanas no número un co single de "STARPEZ": "Me quieren matar", cunha nova versión deste tema no seu último traballo "dosmildoce".
Keltoi! é unha banda galega de oi! formada en Vigo no ano 1995 e desaparecida a principios do ano 2005 para volverse a xuntar no 2010.
Keltoi! formouse a finais de 1995 na cidade de Vigo e realizou o seu primeiro concerto o día das Letras Galegas de 1996 no pub "Rass" da cidade olívica, ao lado dos Diplomáticos de Monte-Alto.
O 3 de xuño de 2012 actúan no Estadio Municipal de Balaídos diante de 31.000 personas o día do ascenso do Real Club Celta de Vigo a primeira división.
Mägo de Oz é un grupo español de rock folk metal, formado en maio de 1989 polo batería Txus di Fellatio no Barrio de Begoña, Madrid. Inicialmente chamado Transilvania, na honra a Iron Maiden, non sería ata 1989 cando pasaría a chamarse Mägo de Oz.
"Ancha es Castilla" é unha canción incluida no seu cuarto disco "La leyenda de La Mancha", no que utiliza a un dos maiores clásicos da literatura universal: «Don Quijote de La Mancha», de Miguel de Cervantes.O álbum, segundo di Txus, é «un modesto homenaje». Todas as cancións do álbum comezan cunhas pequenas palabras que introducen a canción, análogamente aos títulos de cada capítulo de Don Quijote.
A canción está incluida no seu último disco "Love and Oz". A versión que escoitoamos é a versión metal
"I Love Rock 'n' Roll" é una canción de rock, escrita en 1975 por Alan Merrill e Jake Hooker de The Arrows. A canción foi un éxito interpretada por Joan Jett en 1982.
"I Love Rock 'n' Roll" foi orixinalmente grabada e lanzada por The Arrows en 1975, baixo a discográficaRAK Records, e producida por Mickie Most. Esta versión inicialmente foi lanzada como Cara B, aínda que tras unha decisión da discográfica, converteuse en Cara A. A canción non tivo éxito nas listas, a consecuencia da falla de promoción por parte da discográfica da banda. Arredor do mundo, a canción alcanzou unha grande prominencia tralo éxito das versiones que se realizaron dela. "I Love Rock 'n' Roll" está na lista Top 100 Canciones do Século XX, dacordo a The National Endowment for the Arts. A canción logrou o posto 484 nas 500 Cancións Máis Exitosas de Rolling Stone.
Na semana do 17 ao 21 de setembro de 2012 escoitamos
"O Galego"
ZËNZAR
Zënzar é un grupo galego que canta en galego. Esta canción é do seu último disco "VAISE ARMAR", polo que aínda non hai video; pero podedes escoitar esta cancion e outras na súa páxina web.
Migallas Teatro interpreta o "rap da lingua", pertencente ao disco "Canta connosco". "¡Canta connosco!" é un disco pensado para os nenos e nenas que pode gustar a toda a familia pola súa variedade e polos seus contidos. As once cancións que o conforman tratan temas como os xogos tradicionais e colectivos fronte á televisión e ós videoxogos; animación á lectura; a importancia do uso do galego, a ecoloxía, a cultura tradicional, etc.