Skip to Content

Música na escola

Les Enfoirés - Attention au départ

 

Do 8 ao 12 de abril de 2013 escoitamos:  

Les Enfoirés

"Attention au départ"

 

Páxina oficial                                                                Descargar letra

 

Les Enfoirés é o nome que recibe dende 1986 unha gala con artistas e personalidades públicas (principalmente francoparlantes) que busca obter fondos para a asociación Les Restos du Cœur (Restaurantes do corazón, en galego), cuxo fin é a distribución gratuíta de alimentos ás clases de menor poder adquisitivo.

 

En xaneiro de 1986, Coluche (Michel Gérard Joseph Colucci), que fundara uns meses antes a asociación Les Restos du Cœur, xuntou nun estudo de televisión numerosos artistas, personaxes públicos e políticos para a promoción da asociación e das súas accións. Jean-Jacques Goldman compuxo a La Chanson des Restos que interpretaron varias destas personalidades. Aquí comezou Les Enfoirés. En decembro de 1986, a petición de Véronique Colucci, a súa viúva, xuntáronse outra vez estes artistas nun plató para unha nova edición televisiva. Co transcurso dos anos, o acto converteuse nun concerto recompilación de máis de corenta artistas e personaxes célebres de todo o mundo. Os beneficios de Les Enfoirés (conciertos, CD, DVD, etc) son enviados á asociación Les Restos du Cœur.


 

Pedro Abrunhosa - Rei do Barrio Alto

 

Do 2 ao 5 de abril de 2013 escoitamos:  

Pedro Abrunhosa

"Rei do Barrio Alto"

 

Páxina oficial en portugués                                           Descargar letra

Despois de pasar pola música rock e a música pop, iniciamos este novo trimestre vendo o que se está a facer noutros paises, comezando esta andaina polo noso país veciño, Portugal.

Pedro Machado Abruhosa (20 de Decembro de 1960, Sé, Porto) é un cantante e compositor portugués.

Inicia cedo os estudios musicais. Termina o Curso de Composición, fai o Curso de Pedagoxía Musical con Jos WuytackA. Aos dezaseis anos xa daba clases na Escola de Música do Porto. Pouco despois ensinaba tamén no ensino oficial, na Escola do Hot Clube, en Lisboa, e na Escola de Música Caiús. Funda a Escola de Jazz do Porto e a Orquestra da mesma, que dirixe e para a cal escribe.

En Abril de 1994 edita o seu primeiro álbum, “Viagens”, conxuntamente con os Bandemónio. O disco é un gran éxito conseguindo a marca de triple platino.

A partires de aquí inicia unha carreira musical na que leva publicados 6 álbumes de estudio así como outros en directo, Eps e DVDs. Tamén escribe e executa varias bandas sonora.

Consegue varios premios nos que se atopan 2 Globos de Ouro (Portugal) e premio de Mellor Banda Sonora (“Novo Mundo”) en España.

O tema que escoitamos pertence ao seu último traballo “Longe” (2010)

 


Fangoria - Criticar por criticar

Do 18 ao 22 de marzo de 2013 escoitamos:  

Fangoria

"Criticar por criticar"

Fangoria é un grupo musical español de pop, música electrónica e glam rock formado por Alaska (Olvido Gara) e Nacho Canut. Ambos coincidiran anteriormente nos grupos Kaka de Lux, Alaska y Dinarama e Alaska y los Pegamoides.

Criticar por criticar é o primeiro sinxelo do quinto álbum de estudio titulado El extraño viaje.

Actualmente están presentando o seu novo traballo Cuatricromía

 

 


Michael Jackson - Billie Jean

Do 11 ao 15 de marzo de 2013 escoitamos:  

Michael Jackson

"Billie Jean"

Páxina web oficial de Michael Jackson

 

Michael Joseph Jackson, nado en Gary (Indiana) o 29 de agosto de 1958 e finado en Los Ángeles o 25 de xuño de2009, máis coñecido soamente como Michael Jackson, foi un músico, artista e home de negocios estadounidense, cuxas únicas contribucións á música e baile populares, xunto á súa moi publicitada vida persoal, o fixeron parte central da cultura popular durante catro décadas. Sendo un dos poucos artistas en ser incluído no Salón da Fama do Rock por dúas veces, os seus logros fixeron que acadase varios Récords Ginness doMundo , 13 Premios Grammy, 13 sinxelos números un e a venda de máis de 750 millóns de discos en todo o mundo.

Tras formar nos anos sesenta, sendo aínda un neno, un grupo de grande éxito en compaña dos seus irmáns, The Jackson Five, na década dos oitenta convértese na superestrela de pop máis exitosa a nivel mundial, debido ó extraordinario impacto do seu álbum Thriller (1982), o máis vendido da historia da música con máis de 40 millóns de discos vendidos. Dende entón foi coñecido mundialmente como o Rei do Pop.

 

"Billie Jean" é unha canción R&B disco-pop do artista estadounidense Michael Jackson para o sexto álbum como solista do cantante, Thriller (1982). Recibiu dous premios Grammy en 1984, un deles na categoría de mellor canción masculina. A revista Rolling Stones  púxoa no posto 58 de las 500 mellores cancións da historia.

 


 

 

 

 

 

The Homens - Perfecto

 

Do 4 ao 8 de marzo de 2013 escoitamos:  

The Homens 

"Perfecto"

descargar letra

 

 

The Homens é un grupo galego encadrado dentro do xénero musical coñecido como power pop. Tivo os seus inicios sobre o ano 2004 na Casa Xurásica de Compostela, no mesmo ambiente doutras bandas como Samesugas ou Fame Neghra. A súa aposta musical toca dous vértices: a posibilidade de facer música pop sen complexos en lingua galega, e o compromiso coa libre difusión da cultura. Neste último sentido, a inmensa maioría dos seus traballos pode ser descargado de balde da súa propia páxina web, baixo licenzas Creative Commons.

 

O tema que escoitamos corresponde a pista coa que abren o seu último traballo “Cuarta potencia”

 


 

Rosalía de Castro - Amancio Prada

 

Do 25 de febreiro ao 1 de marzo de 2013 escoitamos:  

Amancio Prada 

"Adios ríos, adios fontes"

 

 

Esta semana en conmemoración do 176 aniversario do nacemento de Rosalía de Castro escoitamos este poema de Cantares Gallegos, do que este ano se cumplen 150 anos.

 



A festa non vai parar

 

Do 18 ao 22 de febreiro de 2013 escoitamos:  

Dj Son1c feat Isis 

"A festa non vai parar"

Descargar letra                              Páxina oficial Dj Son1c

Felipe Tarrío García máis coñecido coma DJ Son1c, nado en Genève (Suiza) é un Dj e locutor de radio coruñés, famoso por crear o primeiro tema de música dance en galego, que é o que escoitamos durante esta semana.

O seu primeiro single Fall in Love lanzouno en Italia. O seu segundo single en galego, Sen Ti, foi lanzado o Día das Letras Galegas de 2010. O seu ultimo traballo en galego é Galicia está de festa (2011).

 

Sacado da Galipedia, a Wikipedia en galego.

 

 


 

 

Sergio Mendes - Mas Que Nada

Do 14 ao 16 de febreiro de 2013 escoitamos:  

Sérgio Mendes 

"Mas Que Nada (Río version)"


E para rematar o Entroido outra canción de Sergio Mendes

Mas que nada é unha canción escrita e interpretada por Jorge Ben no seu primeiro álbum, "Samba Esquema Novo" (1963). A canción é famosa en todo o mundo con múltiples interpretes, esta volveuse facer popular para xeneracións dos anos 2000 en Estados Unidos e Europa grazas á versión grabada en 2006 por Sérgio Mendes e o grupo The Black Eyed Peas (aínda que xa era coñecida unha versión de Sergio Mendes and Brasil 66 en 1966). En EEUU é unha das cancións brasileiras máis famosas. Actualmente en EEUU coñécese principalmente a versión do 2006 e non a de Jorge Ben. Pola contra en Brasil é máis popular a primeira versión.

Sergio Mendes e Brasil 66

 

 

Version con The Black Eyed Peas

 

 

Versión orixinal de Jorge Ben



Sergio Mendes - Magalenha

Do 4 ao 8 de febreiro de 2013 escoitamos:  

Sérgio Mendes 

"Magalenha"


 

Con motivo do Entroido esta semana imos escoitar esta canción brasileira.

Sérgio Santos Mendes (nacido o 11 febreiro de 1941, en Niterói, Brasil) é un músico estadounidense. Ten máis de 55 lanzamentos, e toca bossa nova fortemente cruzada con jazz e funk. Foi nomeado para un Óscar de Mellor Canción Orixinal en 2012, como co-autor da canción "Real In Río" da película de animación "Río", que tamén inclúe unha versión de Mais que nada.

Mendes está casado con Gracinha Leporace que traballou co seu marido desde o inicio de 1970. Colaborou con moitos artistas ao longo dos anos, incluíndo Black Eyed Peas, con quen gravou unha versión do seu éxito"Mais Que Nada".

 


 

John Lennon - Imagine

Do 28 de xaneiro ao 1 de febreiro de 2013 escoitamos:  

John Lennon

"Imagine"

 Descargar letra

 

 

Co motivo do día da Paz (30 de xaneiro) durante esta semana escoitaremos esta canción de John Lennon, canción que figura como himno oficial da organización de axuda humanitaria Amnistía Internacional e Himno Oficial de Randomville, pequeno país fundado por Wendall, Kendall y Rendall.

 


Distribuir contido


by Dr. Radut