Skip to Content

Música na escola

Marta Sánchez - No controles 2012

 

Do 21 ao 25 de xaneiro de 2013 escoitamos:  

Marta Sánchez

"No Controles 2012"

 

 

No controles 2012 é o novo sinxelo de Marta Sánchez e con el un novo tema titulado "Mi cuerpo pide más", que supoñen o regreso de Marta Sánchez e, comentan, son adianto do seu novo traballo.

 

No controles 2012 ven con polémica engadida, xa que, No controles foi o primeiro tema de "Olé-Olé" (regalo de Nacho Cano ao grupo para o seu debut) onde a cantante era Vicky Larraz e non Marta Sánchez.

 

Madonna - Give me all your luvin'

Do 14 ao 18 de xaneiro de 2013 escoitamos:  

Madonna 

"Give Me All Your Luvin'"


Para comezar este trimestre adicado a musica pop temos que facelo coa "Raíña do Pop"

Madonn Louise Veronica Ciccone (Bay City, Michigan, Estados Unidos, 16 de agosto de 1958), coñecida sinxelamente como Madonna, é unha cantautora, actriz e empresaria estadounidense. Despois de participar en dous grupos musicais, Breakfast Club e Emmy, lanzou o seu álbum debut en 1983, Madonna. Ata a actualidade leva publicados 12 álbumes. Obtivo múltiples récords en Libro Guinness de los récords, destacando o título da solista máis exitosa de todos os tempos e a revista Billboard clasificouna como a solista máis exitosa e a segunda artista en xeral, detrás de The Beatles.

Ao seu último álbum, MDNA, pertence a canción que imos escoitar (Give Me All Your Luvin'). Foi lanzada mundialmente o 3 de febreiro de 2012 como sinxelo deste álbum. Madonna interpretou a canción no medio tempo da Super Bowl XLVI xunto a Nicki Minaj e M.I.A. Give Me All Your Luvin' está nomeada como mellor canción do mundo nos World Music Awards.

 

Aquí tedes a actuación na Super Bowl, onde ademais interpreta outras das súas cancións

 


 

The Rolling Stones - Paint it black

Do 8 ao 11 de xaneiro de 2013 escoitamos: 

The Rolling Stones 

"Paint It Black"

 


Con esta canción de The Rolling Stones deixamos atrás un trimestre adicado a música rock para comezar a partires da semana que ven coa música disco, dance e pop.

 

«Paint It, Black» é unha canción rock compuesta por Mick Jagger y Keith Richards para a súa banda, The Rolling Stones ( ainda que todos os membros da banda participaron activamente no proceso creativo), editada como sinxelo e incluida na versión norteamericana do álbum Aftermath en 1966. Liderou as listas de éxitos a ambos lados do Atlántico.

Dise que Mick Jagger se inspirou na morte da raíña Victoria, no seu falecemento pintáronse reixas e portas de negro.

 


 

Música de Nadal

Do 17 ao 21 de decembro de 2012 escoitamos:

Música de Nadal

"Todo es posible en Navidad"(Motel Caimán)

"Rudolph the red-nosed reindeer"

"O tempo do Nadal"

 


 


 


Mercedes Ferrer - Abuse I

 

Do 10 ao 14 de decembro de 2012 escoitamos:

Mercedes Ferrer

"Abuse I"

Blog oficial de Mercedes Ferrer


 

 

Mercedes Ferrer (Madrid 1963) cantautora española con máis de vinte anos de traxectoria musical.

Estudou literatura contemporánea e lingua francesa na Sorbona.

Formou parte de grupos musicais franceses ata que regresou a Madrid en 1984, en plena Movida Madrileña, onde coñeceu a Carlos Torero e outros músicos que formaron o grupo “La llave”, con cancións como "Europa", "El burlado" e "Dame tú la fuerza" que ganó el trofeo rock VIII Villa de Madrid en el año 1985 e foi telonero deThe Cure.

Rapidamente formula a súa carreira en solitario, en 1986 publica Entre mi sombra y yo e máis tarde en 1988 edita Tengo todas las calles, grazas ao cal é nomeada polos lectores da revista mensual “Popular 1” mellor cantante de rock española. En 1989 coñece a Yōko Ono grazas a unha homenaxe a John Lenno, onde ela invita persoalmente a visitala en Nova Iorque.

O tema que escoitamos pertence ao album “Imán” (1991), tema que mestura letra en inglés e castelán.

The Beatles - Hello Goodbye

 

Do 3 ao 5 de decembro de 2012 escoitamos:

The Beatles

"Hello Goodbye"

 

Descargar letra

 

 

 

Hello, Goodby foi escrita por Paul McCartney pero acreditada a Lennon/McCartney. Foi lanzada como sinxelo en novembro de 1967, e alcanzou o máis alto das listas en Estados Unidos e Gran Bretaña (onde estivo sete semanas como número un).

 


DKTC Deitado frente ao mar

 

Do 26 ao 30 de novembro de 2012 escoitamos:

Dios Ke Te Crew

"Deitado Frente ao Mar"

 

descargar letra

 

 

 

Nesta semana que adicamos ao centenario do nacemento de Celso Emilio Ferrreiro escoitamos “Deitado frente ao mar”, un peoma de Celso Emilio Ferreiro petencente a súa obra Longa noite de pedra, publicada en 1962. É a obra máis coñecida e representativa da lírica galega de posguerra, constituindo un libro chave para entender a literatura galega contemporánea e unha referencia obrigada de toda unha xeración de autores e lectores.

A versión que escoitamos pertence a “Dios Ke Te Crew” (DKTC), un grupo de hip hop de Ordes formado en 2003. Hoxe en día forman un grupo de graffiti, breakdance, Djs e rap. Todos estes aspectos do hip hop únense en presentación en directo do grupo, onde é común presenciar pezas de pintura e graffiti no fondo do escenario e bailar breakdance, metras o grupo musical realiza as súas cancións.

Curiosidades:

  • Todas as letras son en galego.

  • O tema "herdeiros ditadura" soou para rematar a manifestación do día da Patria Galega, que tivo lugar ese mesmo ano en Santiago de Compostela.

  • A súa música serviu como banda sonora de varios filmes de curtametraxes coma O Derradeiro e Mártires.

  • Realizaron exhibicións e talleres que ensinan as diferentes artes que compoñen a cultura Hip Hop, incluíndo break, graffiti e DJ.

  • O tema "Revolving door" por Crazy Town úsase tamén na cancion "Estranxeiros".

Sacado da galipedia, a wikipedia en galego

 


Miguel Ríos - Rock de la cárcel

 

Do 19 ao 23 de novembro de 2012 escoitamos:

Miguel Ríos

"Rock de la cárcel"

 

Descargar letra

 

 

 

Rock de la cárcel” aparece no album Miguel Ríos en directo: Conciertos de Rock y amor (1972), un dos primeiros discos en directo grabados en España e no que volve ás raíces do rock and roll con temas clásicos que fixo famosos Elvis Presley como “Hound Dog”, “Tutti Frutti” e “Rock de la cárcel”, pero no que tamén interpreta por exemplo “Cantares” de Joan Manuel Serrat.

 


 


 


The Black Keys

Do 12 ao 16 de novembro de 2012 escoitamos:

The Black Keys

"Gold On The Ceiling"

 

Descargar letra

 

 

 

The Black Keys é un grupo estadounidense de rock formado en Akron, Ohio no 2001. O grupo está formado por Dan Auerbach (guitarra, voz) e Patrick Carney (batería). O grupo comezou facendo música independente logo de formar o grupo ao rematar o instituto, e máis tarde uníronse a segunda onda de artistas de Garage rock popular na década do 2000. Ata outubro de 2011, The Black Keys venderon preto de 2,000,000 de álbums nos Estados Unidos. A canción foi disco de platino en Australia e Canadá.

Gold on the ceiling é a terceira canción do seu séptimo álbum de estudio "El Camino" editado como segundo single o 25 de febreiro de 2012.

NBC Sports fixo montaxes de vídeo con "Gold on the Ceiling" durante os Xogos Olímpicos de verán de 2012 homenaxeando os atletas olímpicos que gañaron medallas de ouro.

 

Información sacada da Wikipedia

 


 

 

Rock do país

Do 5 ao 9 de novembro de 2012 escoitamos:

Ruxe Ruxe

"Rock do País"

 

Descargar letra

 

Ruxe Ruxe

 

Ruxe Ruxe é un grupo de música galega formado en Aríns (Santiago de Compostela) en 1996. A súa música é rock combinada con sons tradicionais galegos, empregando ás veces instrumentos como a gaita e o saxofón, e sempre con actitude punk. As súas letras son en galego e de temática moi variada nas que predominan os textos costumistas, os de caracter social e o realismo máxico.

Até o momento sacaron á venda sete discos e teñen feito concertos por todo o Estado español, Portugal e Italia. As súas cancións téñense utilizado en algúns programas de televisión e mesmo filmes.

O tema "Ás escuras" do disco Fervendo, foi a cuarta canción máis votada en 2004 na Polskie Radio (Radio Estatal de Polonia) polos seus oíntes.

O videoclip do seu tema "Buratos" foi finalista nos Premios Mestre Mateo do Audiovisual Galego.

(Sacado da Galipedia, a Wikipedia en galego)


 

Distribuir contido


by Dr. Radut