Skip to Content

Novas

#RetoPlantamos

O pasado xoves 30 de marzo o alumnado de Educación Infantil asistiu a plantación de acivros, carballos, abelairas, capudres e pradairos co obxectivo de crear conciencia ecolóxica entre o noso alumnado e a poboación sobre a acción destrutiva dos incendios forestais.

Participamos con esta iniciativa no reto do mes de marzo enmarcada no Proxecto Voz Natura. Esta proposta, foi dirixida a plantar especies adecuadas para protexer os nosos ecosistemas, reducir o cambio climático e frear o deterioro do planeta.

As árbores plantadas polos nosos nenos e nenas están situadas nun espazo cedido polo Concello de Riós xunto á piscina e o Centro de Desenvolvemento Agroforestal. Un espazo que ata o momento estaba despoboado de árbores.Tanto o Concello coma a Consellería de Medio Rural colaboraron con persoal e ferramentas para facilitar a plantación.

A protección do medio ambiente é unha das principais liñas transversais que tentamos impulsar dende o noso centro. Ademais os nosos nenos e nenas tiveron a oportunidade de subir na motobomba e poder regar as árbores. E que ben o pasaron! Ademais agasalláronos cunha botelliña reutilizábel e unha fermosa camiseta.

Queremos manifestar o noso agradecemento para a Brigada de Pazos, ao condutor da motobomba da Pica, a Juan Arcos e ao Axente Ares. Tamén ao Concello de Riós pola colaboración que sempre nos ofrece e a Laura que estivo en representación do mesmo.

Voz natura e o entroido, unha alianza que funciona

Desta vez o noso centro volve ser actualidade. Podedes atopar a nova no seguinte enlace:

https://www.voznatura.com/articulo-de-actualidad-2740-Voz-Natura-e-o-entroido-unha-alianza-que-funciona

Gañadores/as das ordes do Meco

Aos que espelidos andiveron, levando un complemento orixinal garabata, colar ou sombreiro un agasallo lles tocou.

Parabéns a David, Gael e Manuel de Educación Infantil e a Aroa, Erik, Álex e Gerome de Educación Primaria.

Protexe o noso planeta

Este curso 22-23 participamos por 1ª vez no programa de educación medioambiental Voz Natura da Voz de Galicia e desenvolvido pola Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre.

Co obxectivo de concienciar e implicar ao noso alumnado na recuperación e defensa da natureza deseñamos distintas actividades para realizar ao longo do curso escolar.

Nesta ocasión foi unha actividade de sensibilización na que se escolleu a canción de Camilo “Vida de rico”  e se versionou a súa letra para transmitir unha mensaxe na que se pon en valor a importancia da reciclaxe.
Non deixedes de escoitar aos artistas do CEIP Plurilingüe das Vendas da Barreira!

Canto talento!

As ordes do Meco deixaron amosar canto talento hai entre o noso alumnado!!! E o importante que é reciclar para un mundo máis sostíbel!  Aquí vos deixamos un collage fotográfico para que vexades o guapísimos e guapísimas que estaban!

O reporteiro de voz natura

Achegamos o enlace da publicación na sección "O Reporteiro" de Voz Natura o pasado 13-02-2023 sobre o Meco do noso cole.

https://www.voznatura.com/el-reportero-48-O-REPORTEIRO

Ordes do meco: que viva a reciclaxe... e o Entroido!

Concienciar da importancia de coidar e respectar o medio ambienteson valores que a escola debe transmitir. Con esa firme crenza, este ano as ordes do meco foron en clave de reciclaxe, para potenciar todas esas aprendizaxes tan importantes no ideario do noso cole.

Velaí as mandas!

 

Distribuir contido


by Dr. Radut