Skip to Content

Animación á lectura

Letras galegas 2022 e concurso de podcast

O grupo dos maiores está que sae! Desta vez, e para conmemorar as Letras Galegas 2022 prepararon un podcast titulado “O galeguismo e Florencio Delgado Gurriarán”.

Este ano o autor homenaxeado é o valdeorrés Florencio Delgado Gurriarán ademais, con este podcast o noso alumnado participa tamén nos IV Premios de Podcast en galego e portugués, Xosé Mosquera Pérez “O vello dos contos”.

 

“Agros, mares e montes,

vilas, cidades, cities, towns, aldeias,

os recantos do Mundo...

¡Todo é terra galega!

"Contacontos tradicionais o 27 de abril"

Esta semana repetimos conta-contos con dúas convidadas de honra: a bisavoa e a nai de David P. de 4º de Educación Infantil, viñeron ao colexio a contarnos diferentes contos tradicionais. Esta vez, todos os nenos e nenas puideron gozar desta actividade por quendas. A bisavoa de David contounos uns contos breves rimados e a nai contounos contos populares que algún dos nosos cativos xa coñecía, pero que quedaron encantados por tan grata visita. Tanto foi así, que ata os nenos e nenas de educación infantil animáronse a contarlles a súa propia versión do conto da Carapuchiña Vermella.

Moitas grazas pola visita a Jessica e Beatriz.

Oxalá que non sexa a última!

 

Trocalibros 2022

 

Con motivo da celebración da semana do libro, o venres 22 de abril,  levamos a cabo o “Trocalibros Solidario”. Dende o centro invitamos ao alumnado a traer un ou varios libros ao centro dos que tiñan na casa. Posteriormente tiveron a oportunidade de escoller entre os que se xuntaron e cambiar por outros, ademais de levar un marcapáxinas de agasallo. A través desta actividade pretendemos darlle unha nova vida a todos aqueles libros que estaban esquecidos nos fogares para que outros rapaces e rapazas poidan desfrutar deles.

Consideramos que é importante buscar iniciativas que propicien a lectura pois esta desenvolve a imaxinación, a creatividade, favorece a capacidade de ser empáticos ademais de que é fundamental educar aos rapaces e rapazas no hábito de ler dende a infancia. A lectura pode chegar a ser un momento de evasión creativa posto que os nenos viaxan a outros lugares coa súa imaxinación.

“La lectura es a la mente lo que el ejercicio al cuerpo”. 

Joseph Addison

Contacontos: El lobo que descubrió el País de los Cuentos

Iniciamos este novo e último trimestre cunha conmemoración moi importante: a semana do libro. Por iso, durante toda a semana realizamos distintas actividades relacionadas co fomento da lectura no noso alumnado.

En concreto, na aula de Educación Infantil contamos cunha invitada de luxo: a nai dun dos nosos pequenos, Aurora. A nai de Gael fixo de experta contacontos e agasallounos coa lectura do conto “El lobo que descubrió el País de los Cuentos”(ademais de vir acompañada da mascota do conto, para ambientarnos nel). Despois da lectura e de falar un pouquiño con Aurora despedímola invitándoa a volver pronto.

Máis tarde, os nenos debuxaron ao protagonista do conto demostrando a súas dotes artísticas.

Trocalibros solidario

 

Co gallo de conmemorar a Semana do Libro e a Lectura e o Día Internacional do Libro, o venres 22 haberá unha actividade especial no noso cole: un trocalibros solidario.

Distribuir contido


by Dr. Radut