Skip to Content

Blogue de admin

ELECCIÓNS MEMBROS DOS CONSELLOS ESCOLARES

          XOVES 28 DE OUTUBRO DE 2021

Sorteo público, ás 11:00 h, para a designación dos membros da Xunta Electoral (Titulares e Suplentes).

 

 

 

HALLOWEEN

Neste video o teacher James amósanos os costumes da celebración do Halloween nos paises de fala inglesa e cóntanos o conto "The Night Before Halloween". Non o perdades! 

III Concurso de cabazas

BASES DO CONCURSO

1. Poden participar tódolos alumnos/as do centro.

2. Data de entrega: Do martes 26 ata o xoves 28.

3. O xurado estará composto polos membros do Equipo de Biblioteca e do EDLG.

4. A temática das cabazas será "Cabazas de cine terroríficas".

PREMIOS

Premio á mellor cabaza de Ed. Infantil

Premio á mellor cabaza de 1º a 3º de Ed. Primaria

Premio á mellor cabaza de 4º a 6º de Ed. Primaria 


 

 

LET'S DANCE - David Bowie

Os maiores do cole danlle moita marcha ao tema Let’s Dance de David Bowie.

ACLARACIÓNS RESPECTO AO PROTOCOLO DE ADAPTACIÓN AO CONTEXTO DA COVID NA ETAPA DE EDUCACIÓN INFANTIL

Estimadas familias,

Ante as dúbidas xurdidas por parte dalgunhas familias após a reunión de infantil o pasado 13 de setembro cómpre clarificar o que establece o protocolo que emana da consellería e que o propio centro elabora e adapta.  

REUNIÓN INICIO DE CURSO

Estimadas familias,

A comunidade educativa do CEIP das Vendas da Barreira desexa darvos a benvida ao novo curso escolar 2021-2022.

Aproveitamos para solicitar a vosa presenza na reunión xeral que se celebrará no centro o próximo luns 13 de setembro. A reunión ten coma obxectivo proporcionar unha información xeral sobre os aspectos máis importantes do curso.

Consideramos que a colaboración familia-escola é un aspecto fundamental do proceso educativo polo que solicitamos a  vosa asistencia.

LIBROS DE TEXTO CURSO 2021-2022

PROCESO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO PARA O CURSO 2021-2022

 

-Prazo de presentación de solicitudes de admisión: do 1 ao 22 de marzo.

 -Publicación da listaxe provisional de alumnado admitido e non admitido: antes  do 25 de abril.

 -Prazo de reclamación: 5 días hábiles despois do seguinte á publicación da listaxe provisional.

 Exposición de listaxes definitivas de alumnado admitido e non admitido: antes do 15 de maio. (No taboleiro de anuncios do centro).

 PRAZAS OFERTADAS PARA O 2021-2022 (Ver documento adxunto)

 DOCUMENTACIÓN A APORTAR PARA A SOLICITUDE DE PRAZA:

 -Impreso de solicitude de admisión.

 -Fotocopia do Libro de Familia e DNI (alumno/a e proxenitores).

 -No caso de separación dos proxenitores, resolución xudicial xustificativa da separación ou divorcio.

INTEGRANTES CONSELLO ESCOLAR CURSO 2021-2022

 

PRESIDENTA Ana Mª Calvo Cendán
REPRESENTANTES MESTRES/AS  Rebeca Suárez Jorge
  Silvia Suárez Pérez
REPRESENTANTES PAIS/NAIS Odilo Prada Delgado
  Laura Calvo Prieto
REPRESENTANTE CONCELLO Francisco Armando Veiga Romero

PROCESO DE RESERVA DE PRAZA PARA O CENTRO DE ADSCRICIÓN

De conformidade coa disposición adicional primeira da Orde do 12 de marzo de 2013 que regula o procedemento de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos, o próximo día 11 de xaneiro de 2021 inícianse os trámites do procedemento (código ED550A), coa reserva de praza nun centro de adscrición para alumnado que cambia de etapa.

-O prazo de solicitudes abranguerá do 11 de xaneiro ao 8 de febreiro de 2021, ambos incluídos.

-A consulta das listaxes de alumnado admitido, que se publicarán antes do 28 de febrero, debe realizarse no centro no que se está matriculado no presente curso ou na aplicación https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/ .

-Lembrade que, no caso de non presentar a solicitude, o alumnado perdería o dereito á reserva ao centro de adscrición (IES Castro de Baronceli).

-Podedes descargar a solicitude no documento adxunto (Anexo I e Anexo I bis).

Distribuir contido


by Dr. Radut