2º ciclo

Construíndo o noso cohete espacial!

Despois dunhas sesións experimentando e aprendendo sobre gravitación universal, inercia, forza... Estamos preparados para comezar a construír o noso propio foguete! Así que MANS Á OBRA! Poderemos lanzalo?

  

  

Que interesante!

Seguimos aprendendo e descubrindo cousas moi interesantes, antes de construír o noso propio foguete espacial. Falamos de como se ven afectadas as mareas pola lúa e cada canto tempo hai marea alta e marea baixa. Coñecemos algúns vehículos espaciais como o SRBS e o SOYUZ. Soubemos a que velocidade deben ir para escapar da forza da gravidade da terra; 11,2 Km/sCoñecemos a I.S.S. (Internacional Space Station) e o que nela fan os astronautas. Descubrimos algunhas das viaxes que se fixeron ao espacio, á Lúa e a Marte. Falamos da ESA (European Spatial Agency) e o seu vehículo Ariane.

   

Visita de Chinto, escritor e xornalista

Este luns, os nenos e nenas de 3º de Primaria recibimos unha visita moi especial na biblioteca de Nica. Nada máis e nada menos que Chinto, xornalista e escritor. Xunto co seu compañeiro Pinto, escribiu os libros Novas MinimaladasCámbiache o Conto que estivemos lendo este trimestre na clase.

 

 

 

COMEZAMOS CO OBRADOIRO DE FOGUETES

Despois de dúas xornadas aprendendo co xogo do Pachamama, toca comezar co obradoiro de foguetes. Nel imos elaborar nós mesmos un foguete e ata o imos lanzar!

Pero hai que ir por orde, antes que nada, algúns coñecementos que nos serán moi útiles. Hoxe imos falar de física e das catro leis imprescindibles para a construcción dun foguete: gravitación universal, inercia, forza e acción - reacción. Experimentando chegamos ao coñecemento! 

 

   

 

PACHAMAMA, APRENDEMOS XOGANDO

Hoxe de novo na sesión do club de ciencia, aprendemos mentres xogamos. O Pachamama é un xogo novo para nós, que nos axuda a coñecer como funciona un ecosistema á vez que traballamos a conciencia ambiental. Trátase dun xogo cooperativo de memoria colectiva, audacia, toma de decisións, estratexia ecolóxica, supervivencia e azar. Como nos divertimos!

   

Club de Ciencia - EMPEZAMOS COA BIODIVERSIDADE

Hoxe cambio de tema, empezamos coa biodiversidade; pero antes.... UN CONTO! contado dunha maneira moi especial, co método Kamishibai. Unha forma de contar historias iniciada nos templos budistas de Xapón no S. XII. O conto non podia ser outro que "Vinte mil leguas debaixo dos mares" de Julio Verne.

   

Que interesante todo o que aprendemos sobre a diversidade! A biodiversidade é o conxunto dos seres vivos da terra. Hai moitas especies! Pero desapareceron e seguen a desaparecer un gran número delas e iso provoca un gran problema. A biodiversidade é fundamental para a estabilidade dos ecosistemas e para o benestar das persoas. Que importante é conservar os ecosistemas e que dano facemos os humanos!   

  

Saída ao Conservatorio Histórico: Unha viaxe a tempo (II edición)

Este venres, os alumnos e alumnas de 2ºB, 3º e 4º achegáronse ata o Conservatorio Histórico de Santiago para asistir á II edición do programa "Unha viaxe a tempo". Alí bailaron danzas tradicionais de diferentes países, tocaron instrumentos... Pasárono de maravilla! Mirade...

Máis imaxes do día no seguinte álbum:

Álbum: Curso 2018 - 2019 -> Saída ao Conservatorio Hco: Unha viaxe a tempo

COMPROBANDO O SUBMARINO!

Despois do traballo levado a cabo nas últimas sesións no club de ciencia, hoxe tocou COMPROBAR. Así que SUBMARINO á AUGA e a ver como se comporta. Tomamos notas sobre o seu funcionamento, miramos se todo está correcto e sacamos conclusións para chegar á HIPÓTESE. Fixemos uns submarinos moi aceptables. Que boa experiencia!

        

Club de ciencia: Rematando o noso submarino!

Seguimos a divertirnos ao mesmo tempo que aprendemos. Hoxe rematando o noso submarino.  Despois de pensar, investigar, aplicar, experimentar... Achégase o momento. Estamos impacientes, o vindeiro día descubriremos se o fixemos ben. Xa tan só nos queda COMPROBAR SE FUNCIONA!

         

Máis fotos no álbum: Club de Ciencia

 

TERCEIRA SESIÓN DO CLUB DE CIENCIA

Hoxe, terceira sesión do club de ciencia. Empezamos coa construción de..., nada máis e nada menos que un SUBMARINO! E como non, falamos do autor de "VINTE MIL LEGUAS DEBAIXO DOS MARES", JULIO VERNE. Tamén do submarino e da caracola NAUTILUS... e no medio de todo iso xurdiunos unha pregunta, como é que respiran os peixes debaixo da auga? E aí saiu a composición da auga. Aprendemos e divertímonos!