Lingua Estranxeira (Inglés)

Talking to Birthe

A month ago, we had the pleasure to meet Birthe, a pilgrim from Norway doing the English Way.

Here it's the video of that day.

 

Postcrossing e PenPalSchool

     

Comezamos o proxecto "Creative Writing" (Escritura Creativa) escribindo postais co alumnado de 1º a 4º de Primaria na plataforma Postcrossing e intercambiando correspondencia (snail mail) cos alumnos/as de 5º e 6º en PenPalSchool e co centro asociado St Godric de Durham.

Os cativos de 1º e 2º de Primaria xa escribiron e enviaron as 3 primeiras postais a Alemaña, Rusia e Estados Unidos respectivamente. 

   

Aos poucos días, chegábanos unha mensaxe electrónica de Alemaña, onde recibiran a nosa postal. E o 9 de outubro, coincidindo co Día Mundial do Correo (World Post Day), chegaba ao noso buzón a primeira postal dende Charlottesville, Virginia (EEUU). Que emoción! Estudiámola a fondo, fixándonos na imaxe e nos selos, formulando hipóteses e finalmente léndoa. Despois rexistramos a postal na web e escribimos unha resposta electrónica. Por último, localizamos o seu lugar de procedencia e colocámola no noso mapa. 

  

Álbum: Curso 2018 - 2019 -> Creative Writing

Birthe, a pilgrim from Norway

Onte tivemos unha visita moi especial no noso colexio. Birthe, unha peregrina de Noruega que está a facer o Camiño Inglés pasou por algunhas aulas do noso centro para falar cos rapaces e rapazas. Nós tiñamos unha morea de preguntas sobre o seu país, sobre a experiencia de facer o camiño e tamén, un pouco de curiosidade pola súa vida. Ela respondeu a todo moi amablemente e aconsellounos aprender linguas e viaxar moito. Tentaremos seguir o teu consello! Moitas grazas por acompañarnos!

 

Máis fotos no álbum:

Álbum: Curso 2018 - 2019 -> Birtha, a pilgrim from Norway

"Let It Go"

Para poñer o broche final a este curso cheo de cancións en inglés, unhas alumnas de 6º prepararon "Let It Go", da banda sonora da película Frozen para cantar en directo no festival de fin de curso.

Aquí vos deixamos o video do ensaio previo. Simplemente, xeniais! 

Video conference

After a year writing and reading to our penpals at St Godric School in Durham, we could eventually  see them and talk to them live. Last week of school we scheduled a skype video conference with them. Our Y5 and Y6 students prepared some questions regarding their school, their teachers... And they also asked us some questions.

Despois dun ano escribindo e lendo aos nosos compañeiros do Colexio St Godric en Durham, finalmente puidemos velos e falar con eles en directo. A última semana do cole programamos unha videoconferencia a través de Skype con eles. Os alumnos/as de 5º e 6º prepararon algunhas preguntas sobre o seu cole, os seus mestres... E eles tamén nos preguntaron a nós.

See the conference in the following video:

Working with maps: A walk in Sigüeiro

Y5 children have been working with Google Maps to practise directions and also measuring distances with scales.

Role-play: At the doctor's

Y2 have been dramatising a scene at the doctor's. What's the matter?

 

Jamie's interview (part 2)

2ª parte da entrevista realizada a Jamie Ginn, a peregrina de Alasca que visitou o noso cole.