Mellora da Competencia Lingüística

DÍA DE ROSALÍA

 

Hoxe, 23 de febreiro é unha data grande para nós. Celebramos o aniversario do nacemento dunha muller referente para Galicia e para o mundo. Hoxe cúmprense 186 anos do nacemento de Rosalía de Castro. No colexio levamos a cabo diferentes actividades que continuaremos para a vindeira semana. Unha das destacadas foi a visita por segunda vez ao Fogar Residencial de Porto Avieira. Alí puidemos gozar cantando e recitando poemas da nosa Rosalía. 

 

 

4º SESIÓN DO CLUB DE LECTURA

 

Hoxe no club de lectura comentamos a escena 5 "Pan e cebola", lemos os binomios fantásticos  que inventaran nas súas casas, que de verdade eran fantásticos, xa que estes rapaces e rapazas teñen moita imaxinación e creatividade. Rematamos colocandos no noso mural do club.

  

LECTURAS COMPARTIDAS

 

Comezamos a mañá cunha sorpresa: os nenos e nenas de 2º estaban na biblioteca esperando aos de 6º para contarlles uns contos.

   

TERCEIRA SESIÓN CLUB DE LECTURA, GRUPO 1

 

Hoxe tivemos de novo reunión do club de lectura. O último día propuxémonos investigar sobre as mulleres que tiveron que vestirse de homes para facer o que querían : traballar, estudar ou escribir, saíron moitos exemplos. Despois lemos o capítulo "a Befana e a escola" e para rematar fixemos exemplos de binomios fantásticos.

LECTURAS COMPARTIDAS

 

Hoxe,  Iria e Carmela quixeron  compartir a lectura de Avós no recreo da biblioteca cos seus compañeiros. O xoves teremos nova lectura.

 Esperámosvos!

  

RECOMÉNDOCHE LER

 

Carmela fainos unha recomendación lectora para estes días de frío.

       

CLUB DE TEATRO

O noso club de teatro está tendo moito éxito. Durante dous recreos á semana un gran número de alumnado e dúas mestras traballan para sacar adiante as obras propostas, que adaptan á súa maneira e mesmo escritas por eles mesmos. 

A través do teatro conseguimos nos nosos nenos e nenas desenvolver a comunicación verbal e non verbal (xestual, corporal), mellorar a coordinación e a capacidade de expresión. Tamén potenciamos a creatividade e a imaxinación do alumnado. Por outra banda mellora a capacidade de traballo en equipo e a superación. Cantos beneficios nos aporta o teatro no cole!

 

REUNIÓN DO CLUB DE LECTURA, GRUPO B

 

Este mércores comezou o club de lectura do grupo B. Gustoulles o libro que imos ler e comentar Pan con chocolate, tamén gozamos de merendiña e escollemos

nome para o club "Furacán de creatividade". Comentamos o primeiro capítulo e propuxemos tarefas para a próxima reunión.