IMPRESIONANTES CABAZAS!

A exposición de cabazas que tivo lugar ao longo da semana foi magnífica. Foron moitas as cabazas que decoraron os nosos corredores para celebrar o SAMAÍN. A maioría inspiradas no tema que estamos a traballar na nosa biblioteca "A Literatura de viaxes". Dende o globo de Phileas Fogg de "A volta ao mundo en 80 días" ou o Nautilus de "Vinte mil leguas de viaxe submarino" pasando por "Alicia no país das maravillas" e ata "O Principiño", todas elas nos trasladaron ao mundo da fantasía. Grazas nenos e nenas e como non tamén ás familias pola vosa participación.