PROXECTOS DE MEDIACIÓN E HABILIDADES SOCIAIS

Hai xa algunhas semanas que se están a desenvolver no noso colexio dous talleres encamiñados a impulsar unha educación en valores. Os/as participantes son os nenos e nenas de 5º e 6º. Un dos principais obxectivos destes proxectos é construír unha cidadanía activa para mellorar e transformar a realidade que nos rodea. Aprenden entre outras moitas cousas estratexias para a resolución de conflictos entre iguais de maneira non violenta.

Un deles xa foi iniciado no curso pasado. É o taller de MEDIACIÓN. Mágoa que poden participar poucos nenos/as pero a experiencia é moi positiva. Dámoslle as grazas ao concello de Oroso e a psicóloga Montse Lata que é quen o leva a cabo. O segundo é o taller de HABILIDADES SOCIAIS da Mancomunidade de Ordes e Mónica a persoa que o dirixe. Tamén lle agradecemos a súa labor co noso alumnado.