VISITA AO MUSEO DE HISTORIA NATURAL

Este venres os nenos/as de 6º visitaron o Museo de Historia Natural da USC, que conserva nas súas instalacións moitas coleccións, do século XIX, que son verdadeiras xoias patrimoniais que o convirten nun tesouro científico único destas características.

Nel fixemos un percorrido pola biodiversidade mariña: algas, invertebrados, peixes… Dende os ecosistemas do litoral galego ata a selva sudamericana ou a sabana africana.

Na segunda planta puidemos ver: rochas, pedras preciosas, fósiles e meteoritos.

 

Rematamos a visita cun obradoiro no que aplicamos todo o que nos contaron das augas continentais e das fragas.

                        

Pasámolo xenial e aprendemos un montón de cousas!!!

Pica nalgunha das imaxes se queres ver o álbum completo!!!