Hoxe celebramos o Antroido no noso colexio. A temática dos disfraces foi unha viaxe pola historia: dende a Prehistoria ata a Idade Contemporánea. O noso alumnado, xunto co dos outros colexios do concello, desfilou polas rúas de Sigüeiro mostrando os seus disfraces e o traballo das últimas semanas.
Despois do pasarrúas e desfile na Alameda de Gois, volvemos ao patio do colexio onde nos agardaba unha saborosa merenda composta por orellas, periquitos e filloas elaboradas alí mesmo por pais, nais, avós e avoas...
A TVG acompañounos durante esta xornada e gravou unha reportaxe que emitiu no Galicia Noticias (min 26:38).
E xa temos as primeiras fotos no seguinte álbum: