INAUGURACIÓN DA EXPOSICIÓN "MULLERES POLO MUNDO"

Hoxe, 10 de marzo, tivo lugar no centro a inauguración da exposición fotográfica "Mulleres polo mundo". Organizada pola ANPA "A nosa escola" en colaboración coa asociación Troula e coa biblioteca do centro, forma parte dos nosos corredores dende o día 8, Día Internacional da Muller.Todo un éxito de participación do alumnado, que co apoio das súas familias, nos trouxeron multitude de fotos ou debuxos de mulleres nacidas fóra de España e que viven en Sigüeiro ou teñen algunha vinculación coa nosa vila. Unha destas mulleres estivo presente para contarnos a súa experiencia, e entre outras cousas agradeceu a boa acollida da xente galega cos estranxeiros/as.

 

Na inauguración, foi presentado ademais o vídeo "Son mulleres e poden", no que as nosas nenas nos lembran que a iguldade de xénero ten que ser efectiva XA.