MATRÍCULA 2017-2018

 

(Orde do 12 de marzo de 2013, DOG 15-03-2013, modificada pola orde do 25 de xaneiro de 2017, DOG 01-02-2017)

 

ALUMNADO ACTUALMENTE ESCOLARIZADO NESTE COLEXIO

Non precisa facer reserva de praza para o vindeiro curso, pois xa conta con ela ata finalizar a Educación Primaria. O alumnado de 6º que vaia para o IES de Oroso, centro ao que este colexio está adscrito, cumprimentará o modelo (Anexo I) que se lle facilitará no centro e entregarállelo ao seu titor/a (ou en secretaría) entre o 1 e o 15 de febreiro. As/os alumnos/as que queiran ir a outro Instituto deberán presentar alí a solicitude de admisión (Anexo II, ED550B*),seguindo as instrucións do recadro seguinte. Nos dous casos deberán formalizar a matrícula no Instituto ao que vaian entre o 25 de xuño e o 10 de xullo.

 

ALUMNADO QUE QUERE CAMBIAR DE CENTRO OU ESCOLARIZARSE POR PRIMEIRA VEZ NO VINDEIRO CURSO (xa poden facelo os nados en 2014)

1. Do 1 ao 20 de marzo: Presentación na Secretaría do Centro da solicitude de admisión (Anexo II ED550B*ou a través da aplicación “admisionalumnado”  (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado). Esta só se poderá presentar nun único centro (o indicado en primeiro lugar) relacionando, se así o desexan, ata seis centros por orde de preferen­cia. Terá que estar asinada por calquera das/os titulares da patria potestade ou representantes legais. No caso de separación ou divorcio, será necesaria a sinatura de ambas/os proxenito­ras/es, agás que a patria potestade estea atribuída a un deles. En ambos casos, será necesario presentar a resolución xudicial correspondente. As solicitudes irán acompañadas da seguinte documentación: 

Fotocopia do DNI do alumno/a  e dos membros computables da unidade familiar cando denegue a súa consulta.

Documento acreditativo do requisito de idade do alumno/a (Libro de familia,...)

 -

Se é trasladado doutro centro, certificación de matrícula.

 As/os que queiran cambiar de Centro, deberán remitir ao colexio de orixe copia da solicitude de admisión presentada no novo Centro.

 2. Do 23 de marzo ao 3 de abril: Presentación da documentación xustificativa dos criterios de baremación alegados(só no caso de non haber praza para todos, o que se comunicaría previamente).

 3. Antes do 25 de abril: Publicación provisional das listaxes do alumnado admitido no taboleiro de anuncios e na páxina web do centro (disporán dun prazo de 5 días hábiles para posibles reclamacións). Resoltas as reclamacións, publicaranse as listaxes definitivas do alumnado admitido e non admitido, antes do 15 de maio.

 4. Do 20 ao 30 de xuño:Formalización da matrícula (E.Infantil e Primaria). De non facela entenderase que o alumno/a renuncia á praza.

 

*O Anexo II pódese recoller no despacho da Administrativa do Centro, descargar dende a web do Colexio, ou dende a páxina da Consellería.

 

O noso Centro está adscrito ao IES de Oroso. Así mesmo o CRA de Oroso está adscrito ao noso Centro polo que o seu alumnado terá prioridade para obter praza no noso colexio. O Centro conta con servizo de comedor escolar regulado pola Orde do 21 de febreiro de 2007 (DOG do 5 de marzo de 2007) e o Decreto 132/2013.

HORARIO de atención da administrativa:

- Pola mañá: luns, mércores, xoves e venres de 9:00 a 15:30 e os martes de 9:00 a 15:00 horas.

-  Pola tarde: martes de 16:30 a 18:30 horas.

 

 

Sigüeiro, 21 de febreiro de 2017