RECICLANDO CON TERRACYCLE

Este ano volvemos a participar con Terracycle, no reciclado de instrumentos de escritura: rotuladores, bolígrafos, correctores. Os puntos que obteñamos desta reciclaxe donarémolos a unha organización benéfica.

Por isto pedímosvos as familias que en vez de tiralos ao lixo na casa, os mandedes polo vosos fillos para o noso punto de reciclaxe, e así entre todos faremos un mundo mellor. Gracias pola colaboración.