FONDO LIBROS 2021-2022

O xoves, 20 de maio publicouse no DOG a orde do 6 de maio que regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar para o alumnado (código do procedemento ED330B). Esta orde contempla dúas modalidades de gratuidade dos libros de texto:

a. Participación no fondo solidario de libros de texto, no noso centro para o alumnado que actualmente cursa 2º e de educación primaria (asignaranse os libros por orde inversa á renda per cápita da unidade familiar). Tamén para o alumnado de 6º de Primaria, que pasa para o instituto.

b. Axudas para mercar os libros de texto nos cursos de 1º e 2º (210€ para rendas per cápitas iguais ou inferiores a 6.000 € e 140 € para rendas entre 6.000 e 10.000 €).

Ademais refírese ás axudas para adquirir material escolar para toda a educación primaria, serán 50 € para rendas iguais ou inferiores a 6.000€.

SOLICITUDES:

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica no formulario ( anexo I) dispoñible na aplicación informática “fondolibros” ( https://www.edu.xunta.es/fondolibros/ ) a través da sede electrónica da Xunta de Galicia  https://sede.xunta.gal

Opcionalmente poderanse presentar presencialmente no colexio (alumnado de 6º no instituto).Cada familia presentará unha única solicitude para todas as modalidades (fondo, axudas e material) e para todos os fillos e deberá estar asinada polo pai, nai, titor/a ou representante legal do alumno/a.

PRAZOS:

O prazo para presentar as solicitudes rematará o día 22 de xuño de 2021. As listaxes provisionais poderán consultarse no centro o mércores 23 de xuño, e as listaxes definitivas o luns 28 de xuño.

A entrega de vales e libros dende o día 1 ata o día 9 de xullo.

DOCUMENTACIÓN:

·Anexo I (solicitude) e Anexo II (comprobación de datos dos membros computables das unidade familiar a 31 de decembro de 2019. No caso de opoñerse a esta consulta deberán entregar outra documentación complementaria)

·Copia do libro de familia ou documento acreditativo do número de membros computables. En caso de separación deberán achegar sentencia xudicial ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia

·Calquera outra documentación acreditativa de situacións concretas: discapacidade, violencia de xénero, acollemento...

CÁLCULO DA RENDA PER CÁPITA: A  renda per cápita é o resultado de dividir a renda da unidade familiar do 2019 entre o número de membros computables. Hai que sumaras rendas de cada un dos membros computables da familia; se presentaron declaración, sumarase o recadro 435 máis o 460, se non se presentou teranse en conta os ingresos de acordo cos datos tributarios facilitados pola Axencia Estatal de Administración Tributaria.


 

AnexoTamaño
ANEXO I e ANEXO II.pdf1.79 MB
FONDOS LIBROS 2021-2022.pdf122.88 KB