Como o prometido é deuda, aquí vos deixamos algunha imaxe da visita de Fina Casalderrey. Os alumnos de 3º Ciclo fixeron un libro xigante no que, con textos e imaxes, plasmaron a súa vida e a súa obra. Foi un xesto que a ela lle agradou moito. Ver, na entrada do cole, un libro titulado A historia de Fina; na biblioteca, unha pantalla que mostraba aos alumnos de 2º e 3º Ciclo formando o seu nome con letras de cores, na pizarra esas mesmas letras para recibila,…para ela foi un gran abrazo de benvida e quedou moi agradecida. Nós tamén agradecemos a súa visita e os momentos tan agradables que nos fixo vivir. Non nos chegou o tempo a nada pero, antes de marchar, agasallounos cunha bonita adicatoria no noso novo Libro de visitas. Tamén nos asinou os exemplares que os nosos alumnos/as teñen dalgúns dos seus libros. E non o fixo cun boli calquera, fíxoo cunha pluma de ouro que ten un significado moi especial para ela!!! Grazas pola maxia que nos transmitiches!
Hoxe, 23 de abril, celebramos o Día Internacional do Libro con diversas actividades. Na Hora de ler xuntámonos todos para mostrar as nosas obras; obras enmarcadas dentro da actividade Cociñando contos, na que estivemos traballando para participar na Semana do Libro e da Lectura de Carballo. Os alumnos/as de 5º EP presentáronnos o seu Asado de Poemas, os/as de 3º EP o seu Revolto de Adiviñas e os/as de 5º EI deleitáronnos cun delicioso postre, un Conto Xeado! Para rematar, cantamos a canción O Libro que estiveron preparando coa profe de música e con axuda dos/as titores/as. Pasámolo xenial!!! Aproveitamos tamén para agasallar aos nosos/as alumnos/as cun marcalecturas e unha chapa que fan referencia a Ler Ciencia na Biblioteca Escolar.
O pasado 20 de marzo estivo na nosa biblioteca Fina Casalderrey. En breve publicaremos unha nova entrada na que vos contaremos como vivimos ese día dende o centro. Tamén publicaremos algunhas imaxes para recordar tan agardada visita.
Aproveitando que hoxe, 27 de marzo, celebramos o Día Mundial do Teatro botamos unha ollada atrás e recordamos a representación da peza teatral á que tiveron a oportunidade de asistir os alumnos e alumnas de 2º ciclo. Fomos ao Pazo da Cultura de Carballo para disfrutar dun ensaio con público da obra “Sopa de Sapo”, representada pola compañía Talía Teatro. Para nós foi un pracer ser espectadores antes do seu estreno, o vindeiro domingo, en Pontevedra. Se tedes a oportunidade, disfrutade tamén da obra!
A nosa biblioteca abre unha nova xanela dende a que vos iremos amosando parte das nosas actividades, dos nosos traballos, proxectos, encontros con autores, … Se queredes compartir os nosos momentos non dubidedes en visitarnos.
"Términos y condiciones de uso" é un documental do programa "La noche temática" de RTVE onde se nos explica o beneficio que as empresas de internet obteñen dos datos que cedemos cando utilizamos as súas plataformas.
Con motivo da celebración do "Día do Libro infantil e xuvenil" o 2 de Abril.
Celebramos no colexio unha QUINCENA DO LIBRO con un lote de actividades de animación á lectura nas que participou todo o colexio.
Tivemos moitas visitas neses días, con actividades de contacontos de todo tipo: Mario Tomás, co seu persoaxe inventado "Marioneto"; Abraham Carreiro, un ilustrador de contos que nos ensinou trucos de debuxo; Iago o contacontos dos xestos infinitos; e Ánxela Loureiro, quen lle puxo música, ritmo e cancións aos relatos:
E ademais, tamén participamos aos nenos/as como contacontos, pois por ciclos tamén nos lemos contos durante o recreo: os de 5 anos de educación infantil, os de 1º , 2º e 3º ciclo de Primaria:
Tamén se organizou un maratón de lectura de "Memorias de un neno labrego" do célebre autor Neira Vilas por parte dos nenos máis maiores do colexio, 2º e 3º ciclo de E.P.:
E para presumir do ven que quedaron os contos viaxeiros de Educación Infantil, as mestras proxectáron cada un dos libros electrónicos:
E tamén para presumir da gran imaxinación que teñen, os nenos/as de 1º ciclo ensináronnnos e deleitáronnos coa lectura dos seus "Contos de Peto", ¡maravillosos!:
E xa por último, tamén un meste asignado a cada ciclo fixo de contacontos, neste caso Ana para E.I, Mª José para 1º ciclo, Mariano para 2º ciclo e Xoanca para 3º ciclo:
Eses días foron toda unha festa no colexio, unha festa chea de lecturas, contos, letras, voces, cancións, relatos, risas, aprausos, xogos, e máis... e máis... máis...
Todo iso que fai a lectura tan agradable
Así da gusto vir ao cole :)
A asociación de sordos púxose en contacto con nós para fecer unha pequena actividade de animación a lectura moi especial.
E por iso, que visitounos PALOMA unha muller sorda pero que se facía entender moi ben coa xente a pesar da súa deficiencia. Tamén a acompañaban unhas amigas dela.
E veu para contarnos dos contos moi divertidos. Para Educación Infantil "Un cuiño independiente" e outro para Educación Primaria.
Ademáis tamén nos ensinou un cantos signos relacionados cos contos e uns vídeos e diapositivas sobre a integración dos sordos nas tarefas mási cotiás da vida e do cole:
* “Ambientación do Centro”
Para decorar os pasillos de acceso a Biblioteca e as escaleiras do primeiro andar, decidimos realizar figuran xigantes de personaxes da literatura infantil e xuvenil. Chegamos a un acordo e escollemos os seguintes personaxes.
1. Tin Tin,
2. o can de Tin Tin, Milú,
3. O capitán Haddock
4. Gerónimo Stilton
5. Kika Superbruxa
6. Asterix
7. Obelix
8. Carlos e Pili: 2 personaxes da familia Os Bolechas.
E mirade que bonito quedou:
* “Marcapáxinas”
Tamén realizamos uns marcapáxinas personalizados.
Cada persoa decorou el seu libremente e escribiu nel unha frase sobre a lectura coa data do día (23 de abril de 2010 ) e o nome do colexio.
* “O maxín das ideas”
Un caderno que se elaborou entre todo o alumnado do Centro. Nel cada neno explica o que é para el/la a lectura ou busca en distintas fontes algunha cita célebre de algún personaxe relevante relacionado co tema.
* “I Feira do Intercambio de libros”:
Intercambio de libros entre o alumnado do mesmo ciclo e entre os adultos, o obxectivo e poñer e valor e darlles vida de novo ós libros que temos moi “lidos” ou algo “esquecidos”.
* “Exposicións bibliográficas dos fondos da Biblioteca do Centro”
coincidindo coas distintas festividades ou datas destacables, na biblioteca do centro ou incluso fora da mesma organizáronse exposicións bibliográficas dos fondos existentes no Centro: O outono; Samaín; O inverno; Nadal; Día da Paz; Día dos Namorados; Semana do Libro; A arte e a música; A primavera; O verán.