Skip to Content

CABECEIRA

Complementarias

SÚPER VISITA AO RIAZOR

Onte, os nenos e nenas de 6º, fomos de excursión á Coruña, nin máis nin menos que ao estadio de Riazor.

Nada máis chegar, fomos á Deportenda, mercar: pulseiras, chaveiros, bolígrafos...

Unha vez dentro, un guía explicounos a historia do Dépor, visitamos os vestiarios, sentámonos nos banquillos dos xogadores, no palco presidencial...

DÍA DA BIBLIOTECA 2019

Coma todos os anos conmemoramos o Día da Biblioteca Escolar o pasado 24 de outubro. Para celebralo, o alumnado de 4º, 5º e 6º de Educación Primaria, deleitáronnos cun poema de Rosalía de Castro, coa música de Rosalía (tra, tra), seguindo unha versión da cantautora MJ Pérez, titulada MALAXENTE. 

Unha vez que pinchedes no enlace, poderedes ver o vídeo. Non o perdades, quedou estupendo (tra, tra)!!! E a participación do alumnado de infantil, acompañando e incluso animándose co estribillo está xenial!!!

Así que a desfrutar co MALAXENTE!!!

 

EN 4º TAMÉN SE BEBE LEITE NOS RECREOS

PROXECTO BIBLIOPOEMANDO

PROXECTO BIBLIOPOEMANDO 2018/2019

Comezamos o noso segundo ano co proxecto BiblioPoemando adicado á Poesía. Con el pretendemos potenciar o interese por este xénero literario no noso alumnado. Levaremos a cabo múltiples actividades relacionadas coa temática da poesía, que iremos publicando ao longo do curso e poderedes consultar no blog da Biblioteca. Preparados??? Xa comezamos!!!

COMEZO DUN CURSO SAUDABLE!

Comezamos de novo este curso escolar 2017/18 dando prioridade a unha alimentación equilibrada e a unha vida activa.

Parte do noso alumnado acudíu a un taller nutricinal organizado pola empresa Gadisa na praza do Concello de Carballo. Os nenos puideron comprobar e poñer en práctica os seus coñecementos sobre a pirámide nutricional e a importancia dunha boa alimentación.

 

EXCURSIÓN

O xoves 4 de maio o alumnado de educación infantil, de 1º e de 2º, fomos de excursión ao Ventoso. Disfrutamos das actividades que nos ofreceron coma: facer pan, peitear e alimentar un poni, visitar os animais e poder montar a cabalo. Despois dunha mañán tan divertida, fomos comer a Gabenlle donde poidemos  xogar  no parque. Foi moi divertido!!!

 

 

FROITA NA ESCOLA

Primeira semana da froita dentro do programa "Froita na escola".Durante este curso imos adicar catro semanas ao reparto de froita. A primeira semana foi do 19 ao 23 de xaneiro, e comemos: plátano, mazá, pera, piña e mandarina. Estaba deliciosa!!!!!

 

 

CUMPREANOS DO MES DE DECEMBRO

INDA FAI POUQUIÑO QUE CELEBRAMOS OS ANIVERSARIOS DO MES DE NOVEMBRO, PERO NON QUEREMOS AGARDAR MÁIS PARA CELEBRAR OS DE DECEMBRO, XA QUE O REMATE DO TRIMESTRE ESTÁ PRETO E AS PRÉSAS NON SON BOAS.

OS PROTAGONISTAS FORON XABI E ANTÍA E AMBOS CUMPLIRON 4 ANOS.

MIRADE ALGUNHAS FOTOS DO DÍA!!!

GRAZAS ÁS FAMILIAS POLOS AGASALLOS E POLA COLABORACIÓN!!

 

Visita da asociación Íntegro

A asociación Íntegro visitounos para poder participar nunha serie de actividades,coas cales poder concienciar ao alumnado, da inclusión e da normalización das persoas con diversidade funcional.Foi unha experiencia divertida e moi positiva.

 

 

 

 

PONLLE AS PILAS AO TEU BOCATA

Neste mes de febreiro, fixemos un gran "picnic" con tod@s os compañeir@s e mestres/as do colexio!

Fixémolo aproveitando a actividade que nos propuxo a Consellería do Mar e do Medio Rural (Ponlle as pilas ao teu bocata) dentro do programa "Aliménta-T ben".

Dende entón xa non só comemos bocadillos de fiambre ou chocolates... descubrimos o bos que están os productos das latas de conserva en bocadillos!!!

Foi un día diferente e moi "proveitoso"!!

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut