DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE

Con motivo da celebración do Día Mundial do Medio Ambiente, elaboramos unha exposición na que investigamos en torno á problemática do cambio climático no planeta.

Asimesmo investigamos sobre Greta Thunberg e outras rapazas que loitan por conseguir que se frene o ritmo tan acelerado de contaminación que a Terra está a sufrir.

Ademais do programa de radio que xa publicamos hai uns días, realizamos diferentes actividades para conmemorar esta data, tales coma o traballo de investigación e exposición previamente mencionado e unha canción adicada ó clima: SING FOR THE CLIMATE.

Aquí tedes algunha das imaxes da exposición. Nos vindeiros días subiremos o vídeo coa canción que todos cantamos no exterior do centro escolar e a versión a frauta da mesma, interpretada por algúns alumnos e alumnas de 5º de EP.

 

 

Regueifando con Lupe Blanco

Picando na seguinte imaxe, poderedes ver un resumo do obradoiro de regueifa que impartiu Lupe Blanco o pasado xoves. Que ben o pasamos e canto aprendemos! Moitas grazas pola visita!

 

 

LETRAS GALEGAS 2019

LETRAS GALEGAS 2019

Un ano máis celebramos o Día das Letras Galegas, recordando a figura de Antonio Fraguas. Asimesmo, contamos coa visita dunha das grandes regueifeiras de Bergantiños, Guadalupe Blanco, que axudou ao noso alumnado a crear as súas primeiras coplas populares galegas. Velaquí algunhas imaxes da actividade.

Nas vindeiras horas colgaremos os vídeos do obradoiro con Lupe Blanco, onde poderedes comprobar tanto o proceso de creación das regueifas do alumnado de Sofán, coma das diferentes improvisacións coas que Lupe nos sorprendeu. Ata tocaron muiñeira e rapearon regueifa!!! Non deixedes de velos. Pasámolo de maravilla!!!!!!!

Tamén poderedes escoitar o poema de Manuel María que os nosos nenos e nenas lle cantaron á nosa benquerida Galicia:

Galicia docemente está ollando o mar...

23 ABRIL 2019, DÍA DO LIBRO

23 ABRIL 2019, PROTAGONISTAS DO DÍA DO LIBRO 2019 NO CEIP GÁNDARA SOFÁN

Antonio García Teijeiro

Ana María Fernández

Fran Alonso

Gloria Fuertes

SEMPRE A POESÍA!!!

SIEMPRE POESÍA!!!

POETRY FOREVER!!!

DÍA DO LIBRO 2019

Máis imaxes da exposición realizada polo alumnado do centro para conmemorar o Día do Libro 2019:

23 ABRIL 2019: DÍA DO LIBRO

23 de Abril DÍA DO LIBRO 2019

Para conmemorar esta data tan importante, e seguindo co proxecto BiblioPoemando, no que levamos traballando xa dous cursos, elaboramos unha exposición en torno á figura poética de 4 poetas importantes na nosa literatura:

Antonio García Teijeiro

Ana María Fernández

Fran Alonso

Gloria Fuertes

Durante a Semana adicada ao libro, o alumnado expuxo os seus traballos nos que traballaron durante este trimestre.

ENTROIDO POÉTICO 2019

ENTROIDO POÉTICO 2019

Un ano máis celebramos o Entroido no CEIP Gándara Sofán. Durante este curso escolar quixemos facer unha homenaxe a algún don grandes poetas da literatura, tanto galega coma mundial. Estivemos acompañando a Rosalía de Castro, Gustavo Adolfo Bécquer, William Shakespeare, Frida Khalo, Virginia Wolf, etc...

Velaquí a mostra das excelentes caracterizacións do alumnado:

 

OS POETAS IDEAIS

OS POETAS IDEAIS

(poema escrito por Kevin Pallas, 5ºEP)

 

No día de Carnaval

vestidos de poetas haberá que chegar

cun sombreiro ou boina

na escola de Gándara Sofán.

 

Eu coñecín a Cervantes

o día 27 de marzo

no pazo de Carballo

o día mundial do teatro

 

Nunca imaxinei

Que Cervantes máis Rosalía de Castro

foran noivos

por un poema dialogado

 

Eu chorei de alegría

de que Cervantes

encontrara a unha muller

que fai poemas coma el.

ENTROIDO POÉTICO 2019

ENTROIDO POÉTICO 2019

Como xa fomos publicando ao longo da semana, o Entroido deste ano está adicado, como non podía ser doutro xeito, á poesía.

Estamos desexando que chegue o día de mañá para ver ao noso alumnado representando a grandes poetas e escritores coma Rosalía de Castro, Gustavo Adolfo Bécquer, Miguel de Cervantes, William Shakespeare, Virginia Wolf, etc...

Mentres chega ese momento, despedimos a xornada de hoxe cun futuro gran  poeta que quere compartir con todos nós o seu poema adicado ao Entroido. Noraboa e moitas grazas, Kevin!!! Segue a traballar ese talento artístico que tes!!!

Día de Rosalía de Castro

O pasado 24 de febreiro conmemorouse o Día de Rosalía, e dende o CEIP Gándara-Sofán quixemos facerlle a nosa particular homenaxe interpretando a súa fermosa “Alborada”. Poderedes vela picando na imaxe: