Vivimos en comunidade

Desventuras dun lobo namorado - Fina Casalderrey

Un lobiño que queda sen pai bótase a andar polo mundo adiante para demostrarlle á súa familia que é valente, que non é parvo, e tamén para lle levar un agasallo á súa moza Loba Nova. Pero o lobiño namorado bate cun raposo que non para de enganalo e de facerlle falcatruadas.

 

Cuca e o abrigo marrón - Fina Casalderrey

Cuca é unha cadela de pelo negro moi crecho. Vive na rúa, libre coma as bolboretas ou o vento, pero tamén baleira de agarimos. O frío faise dono dos días e Cuca monta garda onda un aparcadoiro de coches. Cando chega algún, dálle igual que sexa bonito ou feo, grande ou pequeno… En canto o ruído do motor cesa, corre a meterse debaixo para aproveitar a calor que desprende. Alí adormece protexida.

 

Aprender resilencia por Santiago Moll

Se atendemos ao dicionario da Real Academia da Lingua Española, a resiliencia é a 'capacidade humana de asumir con flexibilidade situacións límite e sobrepoñerse a elas'. Polo tanto, trátase dun proceso de adaptación ás experiencias de vida difíciles ou extremas. O ofrecer aos nosos nenos e nenas ferramentas para que adquiran esa capacidade de adaptación é importante. Más información pinchando na foto.

 

Distribuir contido