Desventuras dun lobo namorado - Fina Casalderrey

Un lobiño que queda sen pai bótase a andar polo mundo adiante para demostrarlle á súa familia que é valente, que non é parvo, e tamén para lle levar un agasallo á súa moza Loba Nova. Pero o lobiño namorado bate cun raposo que non para de enganalo e de facerlle falcatruadas.