Vivimos en comunidade

Unha axudiña para orientarnos no mundo os afectos

SEXU MUXU é un portal Web que a través do videoxogo, reúne multitude de recursos educativos, como: videos, guías, cadernos temáticos, actividades, test, xogos, enlaces... sobre a afectividade e sexualidade dos mozos e para os mozos. Sendo un lugar de encontro dinámico ideal para mozos e profesores. Pais, educadores, profesionais socio-sanitarios...

 

Orellas de Bolboreta - Luísa Aguilar

-Mara é unha orelluda!
-Mamá, ti cres que son unha orelluda?
-Non filla, tes orellas de bolboreta.
-E como son as orellas de bolboreta?
-Pois son orellas que revoan na cabeza e pintan de cores as cousas feas.

Ter as orellas grandes, o pelo rebelde, ser alto ou baixo, fraco ou regordecho...

 

Había unha vez unha princesa

Unha das conversas máis difíciles

Hai temas da vida sobre os que nos é moi difícil falar... e moito máis se falamos de explicárllelos aos nosos pequenos e pequenas. Por exemplo como abordar o tema da morte dun ser querido cando nin sequera nós os/as adultos/as o damos asumido de todo?

No colexio temos afrontado xa varias veces esa situación, e nas aulas, a nosa proximidade fai que dalgunha forma esa persoa desaparecida nos pertenza un pouco a todos/as.Non é realmente nada fácil respostar ás preguntas de personiñas con tan pouca esperiencia da vida, pero en todas as ocasións o rasgo común foi a necesidade de expresar en palabras a vivencia, falar sobre ela e ser escoitado/a...

O artigo que vos deixo hoxe dá unhas pautas, totalmente adaptables por suposto, para tratar o tema pensando neles e nelas. Pinchade na imaxe.

 

O valor das persoas

Onde se atopa o verdadeiro valor das persoas? Estamos acostumad@s a poñernos etiquetas sempre en base á nosa apariencia. A presión en canto ao que debe ser a nosa imaxe cara os demais é cada vez máis esixente... como vestir... como comportarnos... como falar... é cada vez máis unha imposición das modas, indo moitas veces en contra da nosa propia saúde ou felicidade. Este video dannos algunha clave para tomar conciencia de que o feito de que todas as persoas somos distintas unhas das outras é xa un feito valioso de por si e que cada un /unha de nós podemos aportar mil detalles enriquecedores ao mundo que nos rodea.

 

As diferentes familias... eses entornos protectores tan importantes

Tod@s sabemos por experiencia que o que a televisión chama familia tradicional poucas veces coincide coa realidade. Algúns criámonos cos avós, outros cos tíos, outros con persoas que non son familia de sangue, outros tivemos dúas nais, outros dous pais...

Hai uns día chegoume un artigo no que se analisaba con datos concretos os prexuizos que, aínda que pareza mentira a estas alturas, hai na sociedade en contra das familias con nais/pais do mesmo sexo.

Estou segura de que moitas das familias consideradas "tradicionais" non superarían con exito a proba. A familia é moito máis que uns lazos de sangue... os membros dunha familia están unidos polo cariño e a vontade de coidar uns doutros nos malos momentos e de compartir tamén a felicidade cando chega.

Déixovos o enlace co artigo. Pinchade na foto.

 

O tesouro de Lilith

Este libro está pensado para nenas de toda as idades, xa que a maxia dos contos reside en que transmiten a información que necesitas nese preciso momento da túa vida, moitas veces sen que te des conta porque vai directamente ao inconsciente.

El tesoro de Lilith axudaranos a transmitir ás nosas fillas a beleza e o poder da afectividade e sexualidade feminina para que poidan camiñar con seguridade e confianza.  

Por outra banda, servirá de excusa para abrir diálogos e para que as nenas teñan estímulos preto que lles permitan plantexarnos preguntas  fundamentais no proceso de medrar e que doutro xeito nunca verían a luz.

Conseguiredes máis información se pinchades sobre a imaxe.

 


Distribuir contido